A psoríaseTermo en galego en Vocabulario de medicina, Universidade de Santiago de Compostela / Consellería de Sanidade, 2008, e Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002 é unha doenza autoinmune que se caracteriza por manchas anormais na pel. Estas manchas na pel son polo xeral vermellas, resecas, con proído e descamación. Nas persoas coa pel escura as manchas poden adquirir a cor púrpura. A psoríase varía en función do seu tamaño e poden ser manchas localizadas ou estendidas por todo o corpo. As lesións na pel poden desencadear cambios psoriásicos na rexión afectada, o cal é coñecido como fenómeno de Koebner.

Existen cinco tipos principais de psoríase: vulgar, guttata, inversa, pustulosa e eritrodérmica. A psoríase de placas, tamén coñecida como psoriasis vulgaris, supón arredor do 90% dos casos. Preséntase polo xeral como manchas vermellas con escamas brancas na parte superior. As áreas do corpo que adoitan ser as máis afectadas son a parte posterior dos antebrazos, canelas, área do embigo e o coiro cabeludo. A psoríase guttata presenta lesións en forma de pinga. A psoríase pustulosa presenta pequenas bóchegas non infecciosas cheas de brume. A psoríase inversa forma parches vermellos nos pregos da pel. A psoríase eritrodérmica ocorre cando a erupción se estende moito e pode desenvolverse a partir de calquera dos outros tipos. As unllas das mans e dos pés vense afectadas na maioría das persoas con psoríase nalgún momento da súa vida. Isto pode provocar manchas ou cambio de cor nas unllas.

Considérase que a psoríase é unha doenza xenética que é desencadeada por factores ambientais. En estudos de xemelgos, os xemelgos idénticos teñen tres veces máis de posibilidades de verse afectados en comparanza cos xemelgos non idénticos. Isto suxire que os factores xenéticos predispoñen a psoríase. Os síntomas adoitan empeorar durante o inverno e con certas menciñas, como beta bloqueadores ou antiinflamatorios non-esteroides. As infeccións e o estrés psicolóxico poden xogar un papel determinante na doenza. A psoríase non é unha doenza contaxiosa. O seu mecanismo subxacente implica o sistema inmunitario en reacción ás células da pel. A diagnose baséase polo xeral en sinais e síntomas.

Non existe cura para a psoríase mais diversos tratamentos poden axudar a controlar os síntomas. Estes tratamentos inclúen cremas de esteroides, cremas de vitamina D3, luz ultravioleta e menciñas inmunosupresoras, como o metotrexato. Arredor do 75% dos casos poden ser controlados só con cremas. A doenza afecta entre o 2 ó 4% da poboación. Os homes e as mulleres vense afectadas por ela coa mesma frecuencia. A doenza pode comezar a calquera idade, mais polo xeral comeza na idade adulta. A psoríase está asociada cun incremento no risco de padecer artrite psoriásica, linfoma, unha doenza cardiovascular, o mal de Crohn e depresión. A artrite psoriásica afecta ó 30% dos individuos con psoríase.

Sinais e síntomas Psoríase vulgar miniatura|Psoríase vulgar, cun centro branco rodeado por un bordo avermellado. A psoríase vulgar (tamén coñecida como psoríase crónica estacionaria ou psoríase de placas) é a forma máis común e afecta ó 85%–90% das persoas co psoríase. A psoríase en placas aparece tipicamente como zonas de pel inflamada cubertas con escamas de cor branca prateada. Estas áreas son máis comúns en cóbados, xeonllos, coiro cabeludo e lombo. A eritrodermia psoriásica implica inflamación xeneralizada e exfoliación da pel sobre a maior parte da superficie do corpo. Pode estar acompañada de pel seca, proído, inchazón e dor. A miúdo é o resultado dunha exacerbación da psoríase vulgar inestable, en particular despois da retirada abrupta de glicocorticoides sistémicos. Esta forma de psoríase pode ser fatal, xa que a inflamación extrema e a exfoliación interrompen a capacidade do corpo para regular a temperatura e realizar as funcións de barreira.

Outras formas As outras formas de psoríase abranguen arredor do 10% dos casos. Inclúen as formas pustulosa, inversa, de cueiro, guttata, oral e seborreica.

Psoríase pustulosa miniatura|Psoríase pustulosa grave. A psoríase pustulosa aparece como protuberancias elevadas cheas de brume non infeccioso (pústulas). A pel baixo e arredor das pústulas é vermella e mol.

Psoríase inversa A psoríase inversa (tamén coñecida como psoríase flexural) aparece como manchas na pel, lisas e inflamadas. As manchas afectan de forma frecuente os pregamentos da pel, particularmente arredor dos xenitais (entre a coxa e a ingua), os sobrazos, nos pregamentos da pel dun abdome con sobrepeso (coñecido como panniculus), entre as nádegas e na fenda interglútea, e baixo os seos no pregamento inframamario. Crese que a calor, o trauma e infección desempeñan un papel no desenvolvemento desta forma atípica de psoríase.

Psoríase de cueiro A psoríase de cueiro é un subtipo de psoríase común en nenos que se caracteriza por pápulas vermellas con escamas prateadas na área do cueiro que poden estenderse ó torso ou extremidades. A psoríase de cueiro é diagnosticada ás veces de forma errada como dermatite por cueiro.miniatura|Exemplo de psoríase guttata.

Psoríase guttata A psoríase guttata caracterízase por numerosas e pequenas lesións escamentas, vermellas ou rosadas con forma de pinga (pápulas). Estas numerosas manchas de psoríase aparecen en grandes áreas do corpo, principalmente no torso, mais tamén nas extremidades e o coiro cabeludo. A psoríase guttata é desencadeada a miúdo por unha infección de Streptococcus pyogenes, normalmente unha farinxite estreptocócica.

Boca A psoríase na boca é moi rara, ó contrario que o lique plano, outra desorde papuloescamenta común que adoita afectar a pel e a boca. Cando a psoríase afecta a mucosa bucal (o revestimento da boca), pode ser asintomática, mais pode aparecer como placas brancas ou agrisadas-amareladas. A lingua fisurada é o trazo máis común nas persoas con psoríase oral e informouse que ocorre no 6,5 ó 20% das persoas con psoríase que afecta a pel. A aparencia microscópica da mucosa oral afectada por lingua xeográfica é moi semellante á aparencia da psoríase. Porén, os estudos modernos non conseguiron demostrar ningunha relación entre as dúas condicións.

Psoríase de tipo seborreica A psoríase de tipo seborreica é unha forma común de psoríase cos aspectos clínicos comúns desta doenza e os da dermatite seborreica, o cal fai que sexa difícil distinguila desta última. Esta forma de psoríase maniféstase como placas vermellas con escamas agrisadas nas áreas de maior produción de sebo como o coiro cabeludo, a fronte, os sucos nasolabiais, a pel arredor da boca, a pel do peito por enriba do esterno, e as áreas intertrixinosas.

Artrite psoriásica A artrite psoriásica é unha forma de artrite inflamatoria crónica que ten unha presenza altamente variable e que adoita ocorrer en asociación coa psoríase na pel e unllas. Polo xeral implica a inflamación dolorosa das articulacións e do tecido conxuntivo e pode aparecer en calquera articulación, aínda que as máis comúns son as dos dedos e as das dedas. Pode provocar a inchazón en forma de salchicha dos dedos e das dedas coñecida como dactilite. A artrite psoriásica tamén pode afectar os cadrís, os xeonllos, a columna (espondilite), e a articulación sacro-ilíaca (sacroileíte). Arredor do 30% das persoas con psoríase desenvolve artrite psoriásica. As manifestacións cutáneas da psoríase adoitan ocorrer antes das manifestacións artríticas en arredor do 75% dos casos.

Cambios nas unllas miniatura|Psoríase dunha unlla, con picaduras visibles. miniatura|Efectos da psoríase nas unllas das dedas. A psoríase pode afectar as unllas e produce unha serie de cambios na aparencia das unllas dos dedos e das dedas. A psoríase nas unllas prodúcese no 40–45% das persoas afectadas por psoríase na pel, e ten unha incidencia de por vida no 80–90% de tódolos casos de artrite psoriásica. Estes cambios inclúen manchas nas unllas (as depresións na unlla do tamaño dun alfinete aparece no 70% dos casos), leuconiquia, pequenas áreas de sangrado de capilares baixo as unllas, coloración avermellada das unllas coñecida como pinga de aceite ou mancha de salmón, secura, engrosamento da pel debaixo da unlla (hiperqueratose subungueal), afrouxamento ou separación das unllas (onicolise) e desprendemento da unlla.

Sinais médicos Ademais da aparición e distribución da erupción, os sinais médicos específicos poden ser usados polos médicos profesionais para axudar na diagnose. Estes poden incluír o sinal de Auspitz (sangrado puntual cando se retira a escama), o fenómeno de Koebner (lesións psoriásicas da pel inducidas por un traumatismo), e proído e dor localizados en pápulas e placas.

Causas A causa da psoríase non está completamente entendida mais existen diversas teorías.

Xenética Arredor dun terzo das persoas con psoríase teñen antecedentes familiares da doenza, e os investigadores identificaron os loci xenéticos asociados coa condición. Os estudos en xemelgos idénticos suxiren un 70% de probabilidades de que un xemelgo desenvolva psoríase se o outro ten o trastorno. O risco é de arredor do 20% en xemelgos non idénticos. Estes descubrimentos suxiren susceptibilidade xenética e unha resposta ambiental no desenvolvemento da psoríase.

A psoríase ten un forte compoñente hereditario, e moitos xenes están asociados a ela, mais non está claro de que xeito os xenes traballan xuntos. A maioría dos xenes identificados están relacionados co sistema inmunolóxico, particularmente o complexo maior de histocompatibilidade (CMH) e o linfocito T. Os estudos xenéticos son valiosos debido á súa capacidade para identificar mecanismos moleculares e vías para estudos adicionais e posibles obxectivos farmacolóxicos.

A análise clásica de ligamento do xenoma identificou nove loci en diferentes cromosomas asociados coa psoríase. Denomínanse susceptibilidade á psoríase do 1 ó 9 (PSORS1 a PSORS9). Nestes loci existen xenes en vías que conducen á inflamación. Certas variacións (mutacións) destes xenes aparecen comunmente na psoríase. As exploracións de asociación de todo o xenoma identificaron outros xenes que se alteran por variantes características na psoríase. Algúns destes xenes expresan proteínas de sinal inflamatorio que afectan as células do sistema inmunolóxico, as cales tamén están involucradas na psoríase. Algúns destes xenes tamén están involucrados noutras doenzas autoinmunes.

O principal determinante é PSORS1, o que probablemente representa o 35%-50% da herdabilidade da psoríase. Controla os xenes que afectan o sistema inmunolóxico ou codifica proteínas da pel que son abondosas na psoríase. PSORS1 atópase no cromosoma 6 no complexo maior de histocompatibilidade (CMH), que controla importantes funcións inmunes. Tres xenes do locus PSORS1 teñen unha forte asociación coa psoríase vulgar: HLA-C variante HLA-Cw6, que codifica unha proteína MHC de clase I; CCHCR1, variante WWC, que codifica unha proteína de hélice superenrolada que está sobreexpresada na epiderme psoriásica; e CDSN, variante alelo 5, que codifica a corneodesmosina, unha proteína que se expresa na capa granular e cornificada da epiderme e que regula o abrocho da psoríase.