Franciszek Macharski, nado o 20 de maio de 1927 en Cracovia (Polonia) e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 2016, foi un arcebispo e cardeal da Igrexa Católica, arcebispo de Cracovia entre 1978 e 2005.

Traxectoria Franciszek Macharski naceu en Cracovia o 20 de maio de 1927. Durante a ocupación alemá estudou clandestinamente na Escola de Económicas de Cracovia, graduándose a finais da segunda guerra mundial.

En 1945 entrou ao seminario da arquidiocese de Cracovia, e o 2 de abril de 1950 foi ordenado sacerdote polo cardeal Sapieha. Posteriormente licenciouse en Teoloxía pola Universidade Iaguelónica. Ao negarse a cooperar co servizo de seguridade, foille negado o pasaporte.

Cando Karol Wojtyła foi elixido papa en 1978, nomeouno como sucesor en Cracovia. Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 1979 de mans do mesmo papa, quen no consistorio do 26 de xuño de 1967 creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina.

Retirouse como arcebispo de Cracovia o 3 de xuño de 2005. Finou o 2 de agosto de 2016.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Cracovia Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Cardeais de Polonia Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Finados en 2016 Categoría:Alumnos da Universidade Iaguelónica de Cracovia