O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) é o principal edificio do novo complexo World Trade Center (en galego: Centro do Comercio Mundial) no Baixo Manhattan, Cidade de Nova York."One World Trade Center to become NYC's tallest building".  É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001. O novo rañaceos sitúase no recanto noroeste da parcela de 6,5 ha (16 acres) do World Trade Center, no sitio do orixinal 6 World Trade Center. O edificio limita con West Street polo oeste, Vesey Street ao norte, Fulton Street ao sur, e Washington Street ao leste.

A construción da relocalización das utilidades subterráneas, zapatas, e os cimentos para o edificio novo empezaron o 27 de abril do 2006. O One World Trade Center converteuse na estrutura máis alta da Cidade de Nova York o 30 de abril do 2012, cando superou a altura do Empire State Building. A estrutura de aceiro da torre foi coroada o 30 de agosto do 2012. O 10 de maio do 2013, o compoñente final da antena do rañaceos foi instalado, facendo que o edificio, incluíndo a súa antena, lograse unha altura total de 1.776 pés (541 m). A súa altura en pés é unha referencia deliberada ao ano cando a Declaración de Independencia dos Estados Unidos foi asinada. O edificio abriu as súas portas o 3 de novembro do 2014.

O 30 de marzo do 2009, a Autoridade do Porto de Nova York e Nova Jersey confirmou que o edificio sería coñecido legalmente como "One World Trade Center", non "Torre da Liberdade", como se lle denominou coloquialmente. O edificio ascende 104 plantas estándar, pero só consta de 94 plantas reais.

O novo complexo World Trade Center inclúe cinco rañaceos de oficinas ao longo da Rúa Greenwich, así como o Museo e Monumento conmemorativo Nacional do 11 de setembro, localizado xusto ao sur do One World Trade Center, onde se encontraban as Torres Xemelgas orixinais. A construción do edificio novo foi parte dun esforzo para homenaxear ao World Trade Center orixinal despois da súa destrución en 2001.

Edificio orixinal (1973–2001)

Construción esquerda|miniatura|O One World Trade Center orixinal baixo construción en 1971. miniatura|esquerda|As Torres Xemelgas orixinais, circa 2000. A construción do World Trade Center, do cal as Torres Xemelgas (1 e 2 do World Trade Center) eran os puntos centrais, foi concibida como un proxecto de renovación urbana encabezado por David Rockefeller. O proxecto foi pensado para axudar a revitalizar o Baixo Manhattan.Gillespie, Angus K. (1999). "Chapter 1". Twin Towers: The Life of New York City's World Trade Center. Rutgers University Press. ISBN 0-7838-9785-5. O proxecto foi planeado pola Autoridade do Porto de Nova York e Nova Jersey, a cal contratou ao arquitecto Minoru Yamasaki. A Yamasaki ocorréuselle a idea de construír torres xemelgas. Despois de negociacións extensas, os gobernos estatais de Nova York e Nova Jersey, os cales supervisan a Autoridade do Porto, consentiron a construción do World Trade Center na parcela de Radio Row, localizada na área oeste do Baixo Manhattan.Wright, George Cable (23 de xaneiro de 1962). "2 States Agree on Hudson Tubes and Trade Center". Para satisfacer ao goberno de Nova Jersey, a Autoridade do Porto estivo de acordo en comprar o Ferrocarril de Manhattan e Hudson (rebautizado como Autoridade do Porto Trans-Hudson), o cal transportaba traballadores a diario dende Nova Jersey ao Baixo Manhattan."Authority Trains Winning Plaudits".

A construción do One World Trade Center (Torre Norte) iniciouse en agosto de 1966; O uso extensivo de compoñentes prefabricados acelerou o proceso de construción. Os primeiros alugueiros mudáronse á Torre Norte en outubro de 1971.Darton, Eric (1999) Divided We Stand: A Biography of New York's World Trade Center, capítulo 6, Basic Books. Nese momento, o One World Trade Center orixinal converteuse no edificio máis alto do mundo, con 417 m (1368 pés) de altura. Despois de que se instalara unha antena de 110 m (360 pés) de altura en 1978, o punto máis alto da Torre Norte acadou os 527 m (1.728 pés).

Atentado do 26 de febreiro de 1993

miniatura|Dano subterráneo polo atentado explosivo de 1993. O 26 de febreiro de 1993, ás 12:17, un camión da empresa Ryder que contiña 680 quilogramos de explosivos, aparcado por Ramzi Yousef, estoupou no aparcadoiro subterraneo do WTC 1 (Torre Norte).Reeve, Simon (1999). The New Jackals: Ramzi Yousef, Osama bin Laden and the Future of Terrorism, p. 10. Northeastern University Press. ISBN 1-55553-509-7. A explosión abriu un enorme burato de 30 metros a través de cinco subniveis, ocorrendo o maior dano nos niveis B1 e B2 e un dano estrutural considerábel no nivel B3. Ao longo dos 110 andares da torre, seis persoas morreron e outros 50 000 traballadores e visitantes ficaron faltos de ar para respirar normalmente. Moitas persoas dentro da Torre Norte foron forzadas a descender a escuras por escaleiras que non contaban con alumamento de emerxencia, algunhas demorando máis de dúas horas para poñerse a salvo.

Após o atentado, Yousef fuxiu a Paquistán, mais foi detido en Islamabad en febreiro de 1995 e extraditado aos Estados Unidos para ser sometido a xuízo. O xeque Omar Abdel Rahman foi condenado en 1996 por participar no atentado e noutras conspiracións. Yousef e Eyad Ismoil foron condenados en novembro de 1997 por levar a cabo o atentado. Outras catro persoas foron condenadas en maio de 1994 pola súa participación no mesmo. Segundo un xuíz do Tribunal Supremo, o principal obxectivo do ataque era desestabilizar a Torre Norte e facela caer sobre a Torre Sur, derrubándoa.

Os andares afectados polo atentado deberon ser arranxados para restabelecer o apoio estrutural que brindaban ás columnas. O muro pantalla estaba en perigo após o atentado e perdeu as lousas do chan que proporcionaban o apoio lateral contra a presión exercida do lado oposto polas augas do río Hudson. A planta de refrixeración no subnivel 5, que proporcionaba o servizo de ar acondicionado a todo o complexo World Trade Center, foi seriamente danada. Despois do atentado, a Autoridade Portuaria instalou sinais fotoluminiscentes nas escaleiras. O sistema de alarma contra incendios do complexo enteiro debeu ser substituído como consecuencia de que unha parte importante do cableado e da sinalización do sistema orixinal foi destruído. Construíuse un memorial ás vítimas deste atentado, e instalouse unha fonte de auga cos nomes daquelas persoas que morreron na explosión. Porén, o memorial foi destruído nos atentados do 11 de setembro. Os nomes das vítimas do atentado de 1993 foron incluídos no Museo e Memorial Nacional do 11 de setembro.

Ataques do 11 de setembro

dereita|miniatura|Localizacións do impacto no WTC 1 e WTC 2. miniatura|Os restos (de abaixo cara a arriba) do 1 WTC, 6 WTC e 7 WTC, o 17 de setembro de 2001. O primeiro avión estrelouse contra a Torre Norte (WTC 1) ás 8:46 da mañá do 11 de setembro incendiando esta en menos dunha hora. Ás 9:03 a. m. un segundo avión estrelouse contra a Torre Sur (WTC 2). Após o derrube da Torre Sur ás 9:59, os helicópteros do NYPD retransmitían información sobre a situación da Torre Norte. Ás 10:20, a unidade aérea do NYPD informou de que "a parte superior da torre podería estar a se inclinar", e un minuto despois que a Torre Norte "estase combando pola esquina noroeste e inclinándose cara ao sur". Ás 10:27, a unidade aérea informou que o teito se vai a vir abaixo en breve". A Torre Norte derrubouse ás 10:28, após arder durante 102 minutos.

Despois de que a Torre Sur se derrubase, os comandantes do FDNY emitiron ordes de evacuar aos bombeiros na Torre Norte. Por mor de problemas na comunicación por radio, os bombeiros dentro das torres non escoitaron a orde de evacuación dos seus supervisores na escena, e a maioría non eran conscientes de que a outra torre se derrubou. 343 bombeiros morreron nas Torres Xemelgas, polo resultado do colapso dos edificios.20 años después de los ataques terroristas del 11 de septiembre: datos que debes saber (10-09-2021). CNN en español.¿Por qué siguen muriendo los bomberos y policías del 11-S? (10-09-2019). Público. Ninguén situado na zona de impacto nin por enriba desta na Torre Norte puido escapar despois de ser golpeada, pois todas as escaleiras e ocos de ascensores neses andares foron destruídos.

O novo edificio Proxecto thumb|275px|dereita|O One World Trade Center en construción en abril de 2012, visto dende un helicóptero. thumb|One World Trade Center en construción. As luces de cor vermella, branca e azul simbolizan a bandeira estadounidense e foron temporalmente instaladas para o 10º aniversario dos ataques terroristas do 11 de setembro. thumb|One World Trade Center dende o Ferry a Staten Island, en maio de 2012. Após a destrución das Torres Xemelgas do World Trade Center, houbo un debate sobre o futuro da zona. As propostas para a súa reconstrución comezaron case de inmediato, e para 2003, a Corporación de Desenvolvemento do baixo Manhattan organizou un concurso para determinar como usar o sitio. O rexeitamento público da primeira rolda dos deseños, os "Conceptos de deseño preliminar", levou a un segundo concurso, máis aberto, en decembro de 2002, no que se seleccionou un deseño de Daniel Libeskind.

A proposta foi criticada polo escaso número de pisos que foron designados para o espazo de oficinas e outros servizos nun plan temperán. Só 82 andares serían habitábeis, e o espazo total de oficinas de todo o novo World Trade Center reduciuse en máis de 3 millóns de pés cadrados (280 000 m²) en comparación co complexo orixinal. O límite de chan foi imposto por Silverstein, quen expresou a súa preocupación de que os pisos máis altos serían unha responsabilidade no caso dun futuro ataque terrorista ou outro incidente. Gran parte da altura superior do edificio consistía nunha grande estrutura reticular de aceiro ao ar ceibe, por enriba do teito da torre, que contiña as turbinas eólicas e os «xardíns do ceo». Nun deseño posterior, o espazo que podería ser ocupado converteuse en comparábel ao orixinal do World Trade Center, e a rede ao ar libre eliminouse dos plans.

O deseño final para a "Torre da Liberdade" aprobouse oficialmente o 28 de xuño de 2005. Para satisfacer as cuestións de seguridade expostas polo Departamento de Policía de Nova York, engadiuse unha base de formigón de 187 pés (57 m) en abril dese ano. O deseño orixinal incluía plans para revestir a base de prismas de vidro para facer fronte ás críticas que dicían que parecía un «búnker de formigón». Con todo, resultou inviábel, xa que as probas preliminares revelaron que o cristal prismático facilmente rompe en anacos grandes e perigosos. Como resultado, substituíuse por unha fachada simple que consiste en paneis de aceiro inoxidábel e vidro resistentes a explosións.

En contraste co plan orixinal de Libeskind, o deseño final da torre ten unha base cadrada que a medida que sobe vaise convertendo en octagonal, ata que chega á azotea, e convértese outra vez en cadrada. Os seus deseñadores declararon que a torre sería unha «estrutura de cristal monolítica que reflicte o ceo e está coroada por unha antena esculpida».

Construción