Nicolás del Caño, nado en Córdoba, o 6 de febreiro de 1980, é un político arxentino, Deputado nacional pola provincia de Mendoza e dirixente do Partido dos Traballadores Socialistas (PTS).«Diputados de izquierda y de los trabajadores», web do PTS

Traxectoria Estudou na Universidade Nacional de Córdoba ata que se mudou en 2006 á cidade de Mendoza para construír o PTS na provincia, e ingresou na Universidade Nacional de Cuyo, onde estudou socioloxía ao tempo que realizaba diversos labores para pagar os estudos, como vendedor de roupa ou empregado dun centro de atención telefónica.«Quién es Nicolás del Caño, la gran sorpresa de las PASO en Mendoza», La Política 12 de agosto de 2013

Nas eleccións nacionais de 2011 presentouse como candidato a gobernador da provincia de Mendoza, logrando o 1,6 % dos votos. Nas eleccións primarias de 2013, obtivo o 7,6% dos votos, e nese ano saíu elixido deputado nacional co 14% dos votos nas eleccións xerais, situándose en terceiro lugar e desprazando ao tradicional Partido Demócrata."Cobos ganó y la izquierda se consolidó como tercera fuerza!, Unidiversidad Na súa campaña electoral cuestionou os altos soldos dos funcionarios políticos e propuxo que o salario dos deputados fose igual ao dos docentes, cuestión que abordou logo no seu mandato presentando un proxecto de lei e doando a maior parte dos seus ingresos como lexislador a fondos de folga, inspirándose, segundo expresou, nos integrantes da Comuna de París de 1871.

En 2015 competiu pola intendencia de Mendoza, quedando en segundo lugar co 14,2% dos votos nas eleccións primarias e un 16,9% nas xerais, desprazando ao terceiro lugar ao candidato da coalición gobernante Fronte Para a Vitoria, Carlos Aranda, un resultado inédito no país para unha forza de esquerda a un cargo executivo. "Del Caño y el misterio del segundo lugar del podio", Medoza Post, 4 de maio de 2015

Nas eleccións primarias de agosto de 2015, encabezou a candidatura presidencial da lista do PTS no seo da Fronte de Esquerda impóndose co 51,07% (370.764 votos) fronte ao histórico dirixente Jorge Altamira do Partido Obreiro que obtivo o 48,93% (355.290 votos).

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina