Escuadrón de Vigilancia Aérea 10 (EVA 10) é unha base militar do éxercito do aire español situada no cumio do monte Iroite na comarca de Noia, no límite dos concellos de Boiro, Lousame e O Porto do Son.
A base aérea militar do Exército Español foi creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984. Foi inaugurado oficialmente o 6 de novembro de 1985 polo baionés José Santos Peralba Giráldez, Xeneral Xefe do Estado Maior do Exército do Aire, coa asistencia do Presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Ten realizado misións operativas en colaboración co Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela. A base está equipada con rádar Indra Lanza 3D.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:O Porto do Son Categoría:Boiro Categoría:Lousame Categoría:Exército do Aire de España Categoría:Instalacións militares