miniatura|270x270px|Os Canadiens fronte aos Bruins durante a tempada do seu centenario. Pode verse o logo do centenario no círculo central do Centre Bell. O Centenario dos Montreal Canadiens foi celebrado polo equipo de hóckey sobre xeo dos Montreal Canadiens durante as tempadas 2008-09 e 2009-10, conmemorando o 100 aniversario do equipo máis laureado da National Hockey League. O 57º All-Star Game da NHL foi xogado no Centre Bell de Montreal, Quebec (Canadá) como parte das celebrations, así como o draft de 2009, que se celebrou no mesmo escenario no mes de xuño.
O 5 de abril de 2008, o logo do All-Star Game de 2009 foi desvelado en Montreal.
Cerimonias de retirada de dorsais Como parte das celebracións do centenario doequipo, os Canadiens retiraron os seguintes dorsais do equipo:
2005–06: Dickie Moore, Yvan Cournoyer (número 12); Bernard "Boom Boom" Geoffrion (número 5) 2006–07: Serge Savard (número 18); Ken Dryden (número 29) 2007–08: Larry Robinson (número 19); Bob Gainey (número 23) 2008–09: Patrick Roy (número 33) 2009–10: Elmer Lach (número 16); Emile Bouchard (número 3)
Eventos e iniciativas do centenario O 24 de setembro de 2008, os Canadiens ofreceron unha rolda de prensa para anunciar todos os eventos que a franquía levaría a cabo:
Un conxunto de moedas de dólar conmemorativas sería acuñado pola Royal Canadian Mint. Un conxunto de selos conmemorativos sería emitido por Canada Post.http://www.thestarphoenix.com/sports/story.html?id=2027895 Un conxunto de 200 tarxetas do aniversario de Upper Deck. Monopoly dos Canadiens. Noites das camisolas do centenario nas que o equipo vestiu camisolas históricas nos seus partidos da NHL. Builder's night homenaxeando a adestradores do pasado. Inauguración do 'Centennial Plaza' nos exteriores do Centre Bell. Original Six salutes— cando os equipos do "original six" visitaron os Canadiens. Inauguración dunha pista ao aire libre para a comunidade. Un concerto da Orchestre symphonique de Montréal, que celebrou o seu 75 aniversario. Un filme, Pour toujours, les Canadiens! O videoxogo de EA Sports' NHL 09 incluíu o 'Centennial Montréal Canadiens', un equipo especial dos mellores xogadores da historia da franquía.
A noite da estrea, a organización dos Canadiens deu a coñecer o Ring of Honour no Centre Bell, que consiste nunha exposición de todas as personalidades dos Montreal Canadiens que formaban parte daquela do Hockey Hall of Fame, e que está situada nas paredes traseiras da cuberta superior do pavillón. O 4 de decembro de 2009, os Montreal Canadiens xogaron un "centennial game" no seu 100 aniversario da súa introdución como club de hóckey profesional. Xogaron contra os Boston Bruins e gañaron por un marcador de 5-1. Michael Cammalleri anotou o seu segundo hat-trick da tempada esa noite para os Canadiens.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Montreal Canadiens