O Castelo do Casón é unha estrutura con restos de muralla e foxos situada en Veiga (Ortigueira).

Descrición

Sitúase no alto do Castelo do Casón (291 m), nun brazo da Serra da Capelada, flanqueado polos regos de Casón e de Landoi e que domina a vista sobre a ría de OrtigueiraMapa 1/25.000 do SigPacPlano do Catastro. Ref. 15062A084017750000TH. Topónimos próximos: Fornamariña, Monte Prado, Castelo, Parrugal, Campo Muiño, Prado, Hortas, Campiña, Monxas, Orxeira. De carácter defensivo e de vixilancia, xa foi estudado por Federico Maciñeira. Ao parecer os restos atopados apuntan aos dunha fortaleza medieval, quizais construída á súa vez sobre os restos dun antigo poboado castrexo. Dende el obsérvase toda a ría de Ortigueira. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Casón Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Categoría:Ortigueira