Santo Estevo de Cadrón é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 155 habitantes (89 mulleres e 66 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes.

Nesta parroquia naceu o escritor e político José Luis Sucasas. Patrimonio Conserva varias mámoas. O castro de Cadrón confórmase a partir dun único recinto de forma oval. O eixo maior ten orientación ONO-LSL e mide uns 90 m e o eixo NNO-SSL mide uns 50 m, tomados na zona máis ancha. Non se toman medidas no exterior polo mal estado de conservación das estruturas que impiden a súa perfecta delimitación. O recinto conserva terraplén por todo o seu perímetro, excepto no cuadrante NL. Presenta parapeto polo oeste e sur duns 4 m de anchura máxima e unha caída cara ao interior de 1 m. Na súa composición, ademais de terra había pedra de granito, a xulgar pola abundancia de restos pétreos no seu contorno, pero non se pode precisar se conformaba unha estrutura muraria.Ficha arqueolóxica do castro de Cadrón .

A igrexa parroquial, que foi reconstruída a finais do século XIX, está presidida por un campanario en forma de camarín de pedra. Na arquitectura popular destaca a Casa do Fidalgo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cadrón

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín Ligazóns externas Cadrón na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo