O Coto da Vela é un castro que se atopa entre as parroquias de Morás e Portocelo do concello de Xove, na provincia de Lugo. Está catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio co código GA27025003 e incluído no planeamento urbanístico do concello de XovePlan Xeral de Ordenación Municipal aprobado no 2012.
Morfoloxía Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico.
Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como a croa e os seus muros, o antecastro e os muros defensivos asociados ós foxos. Está formado por un recinto superior e tres aterrazamentos sucesivos. A croa presenta unha planta ovalada reforzada cunha muralla de terra e pedra onde instalaron un vértice xeodésico. Mide uns 110 metros de norte a sur e uns 80 metros de leste a oeste. O conxunto atópase defendido por un terraplén en todo o seu perímetro agás polo NO onde a pendente se prolonga ata o mar. Ao seu pé, baixo os cantís, hai unha pequena praia que recibe o nome de Sucastro.
Lendas Segundo unha información recollida no colexio público de Xove en 1989, no lugar vivía un rei que reinaba sobre este castro e outros sete máis Recompilado por Antonio Reigosa en galiciaencantada.com.
Notas
Outras imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Castro de Burela Castro de Rueta
Morás