O Tartu Ülikool/Rock é un equipo profesional de baloncesto estoniano con sede na cidade de Tartu. Actualmente, o club compite na Korvpalli Meistriliiga, máxima categoría do baloncesto de Estonia, e na Liga do Báltico. Fundado no ano 1937, é o equipo do seu país con máis títulos de Liga e de Copa. Alén diso, gañou no ano 1949 a Liga da Unión Soviética e en 2010 a Copa da Liga do Báltico.
Palmarés Liga da Unión Soviética Campión (1): 1949 Liga de Estonia Campión (23): 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1956, 1958, 1959, 1969, 1970, 1972, 1973, 1975, 1976, 1977, 1978, 2000, 2001, 2004, 2007, 2008, 2010, 2015 Copa de Estonia Campión (16): 1950, 1952, 1956, 1958, 1974, 1976, 1979, 2000, 2001, 2002, 2004, 2009, 2010, 2011, 2013, 2014 Copa da BBL Campión (1): 2010
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Estonia Categoría:Equipos de baloncesto da Unión Soviética