Rosa María Gallego Neira, nada na Coruña o 15 de xuño de 1964, é unha funcionaria e política galega do PPdeG.

Traxectoria É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Xunta de Galicia. Foi responsábel da concellaría de Economía e Facenda do goberno municipal coruñés presidido por Carlos Negreira de 2011 a 2015. Após as eleccións municipais de 2015, ás que se presentou como número dous nas listas do Partido Popular de Galicia, pasaría ás bancadas da oposición. miniatura|Eleccións a Cortes Xerais 2023, Senado, A Coruña. En febreiro de 2016 foi elixida por unanimidade polos seus compañeiros da agrupación local como nova portavoz do PPdeG no Concello da Coruña após a renuncia de Negreira. Un mes máis tarde, saíu elixida como secretaría xeral do PPdeG para a provincia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado de España

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2011-2015 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2015-2019 Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Nados en 1964 Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela