A Coral Polifónica de Ribadeo foi fundada en 1955. É a decana da provincia de Lugo. Desde o día da súa presentación o 20 de xullo de 1955 no cine-Teatro de Ribadeo, estivo dirixida por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ata 1983, un ano antes do seu falecemento. A partir desa data a dirección pasou a mans de María del Carmen Rodríguez Cancelo, mestra e profesora de música, titulada polo Real Conservatorio de Música de Madrid Descrición A coral conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, tanto españolas como doutros países. Conta cunhas 55 voces mixtas, dende tenores, soprenos, contraltos e baixos.

Realizou actuacións en numerosas vilas e cidades de Galicia e Asturias, e tamén en Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén, Marbella, Laredo, Los Corrales de Buelna, Madrid, Valladolid, Logroño, León, Boadilla del Monte, Medina del Campo e Portugal.

En decembro de 2002 presentou o CD Nos mares da música.

En diversas ocasións actuou conxuntamente con agrupacións instrumentais da vila: Banda Municipal, Grupo de Gaitas, Rondalla... Colabora habitualmente coa Coral a pianista Carmen Álvarez Lebredo.

O concello concedeulle a Medalla de Ouro de Ribadeo no ano 2006 con motivo do seu 50º aniversario. Ademais, a Asociación de Radio e Televisión de Lugo outorgoulle o premio Lucense do ano, 2006.

En 2009 a Fundación Iniciativas recoñeceu o labor de dirección de María del Carmen Rodríguez Candelo pol.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas http://coralderibadeo.blogspot.com.es/

Categoría:Ribadeo Categoría:Corais polifónicas de Galicia