A Copa Príncipe de Asturias de fútbol foi unha competición entre seleccións formadas por xogadores pertencentes ás distintas federacións territoriais afiliadas á Real Federación Española de Fútbol. Foi disputada de 1914 a 1918 co seu nome orixinal, e de 1922 a 1926 co nome de Campionato Interrexional. As federacións territoriais podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados para participar no torneo, independentemente do lugar onde naceran.

O torneo fora creado inicialmente pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en 1913.

Historia A Copa Príncipe de Asturias da FECF (1913) A competición foi creada orixinalmente en 1913 pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en honor do entón Príncipe de Asturias, don Afonso de Borbón e Battenberg, sendo o trofeo unha doazón feita no seu nome polo seu pai Afonso XIII. Don Afonso era o primoxénito do rei Afonso XIII, e ostentou o devandito cargo dende o seu nacemento en 1907 até a proclamación da Segunda República en 1931.

A diferenza do que logo sucedería nos torneos posteriores organizados pola RFEF, onde eran as súas federacións rexionais afiliadas as responsables da elaboracións das súas respectivas seleccións, no torneo da FECF a elaboración das seleccións recaeu directamente nos propios clubs das rexións delimitadas nas bases da competición, que segundo as mesmas tiñan que formar xurados conxuntos para a citada tarefa.

Inscribíronse as seleccións do Centro (formada por xogadores do Madrid F.C., Gimnástica de Madrid e Español), a do Norte (formada soamente polo Racing de Irún) e a das Academias Militares (integrada pola Academia de Infantaría), retirándose esta última antes do comezo do torneo.

A competición tivo lugar en Madrid co gallo das celebracións do aniversario do Príncipe de Asturias os días 11 e 12 de maio. O primeiro partido foi gañado pola selección do Norte por 2-1, mentres que o segundo partido rematou con polémica, xa que fora temporalmente suspendido por unha forte sarabia e cando o árbitro mandou reanuda-lo encontro os xogadores madrileños non se aliñaron no campo, marcando os irundarras un gol a porta baleira e finalizado así o encontro, gañando a selección do Norte os dous partidos disputados.

Posteriormente a Asemblea da Federación acordou a repetición deste segundo encontro, instando a que o Racing de Irún e os equipos madrileños se puxeran de acordo coa data e lugar de celebración do mesmo. A finais de xuño aínda non había data fixada. A principios de xullo foi publicado que o partido tería lugar a finais dese mesmo mes en Irún, e que a selección do Centro viría acompañada do presidente da FECF, Ricardo Ruiz Ferry.

O certo é que Ruiz Ferry chegaría a ir a Guipúscoa a finais dese mesmo mes, pero para se reunir en Donostia cos representantes da Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF), unha escisión da FECF, e negociar con eles a fusión de ámbalas dúas federacións, feito que culminaría coa creación da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

Os torneos organizados pola RFEF (1914-18 e 1922-26)

Coa Real Federación Española de Fútbol xa constituída, o torneo foi instituído oficialmente na súa Asemblea Ordinaria de 1914.

Durante a primeira etapa desta competición (entre 1914 e 1918), disputábanse tódolos partidos en Madrid e a inscrición era voluntaria para as distintas federacións territoriais. Após catro edicións, o trofeo foi outorgado en propiedade á Federación Centro por se-la primeira en gaña-la competición dúas veces, e non se volveron disputar máis edicións.

Catro anos despois, na asemblea da RFEF celebrada en Vigo en xullo de 1922, acordouse reinstaura-lo torneo co nome de Campionato Interrexional para axudar á escolla de xogadores para a selección española. O torneo sería disputado mediante eliminatorias e a final sería xogada en sedes que variarían cada ano. A participación sería obrigatoria para tódalas federacións afiliadas á RFEF.

Despois de se xogar dúas edicións baixo o novo sistema, acordouse elimina-la competición nunha asemblea da RFEF, mais aínda sería disputada unha derradeira edición co obxectivo de outorga-lo trofeo en propiedade, onde só participaron as dúas seleccións que o gañaran previamente nas dúas anteriores edicións.

Edicións 1915 Participaron as selección do Norte (País Vasco e Cantabria), de Cataluña e do Centro (Ávila, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Segovia e Toledo). Tódolos partidos se disputaron no Campo de O'Donnell de Madrid. Disputouse en forma de liga e a campioa foi a selección do Norte, despois dun emapte e unha vitoria.

Campión Norte1º título

1916 A seguinte edición do campionato ía ser disputada polas mesmas seleccións que a primeira edición. Porén, a selección do Norte finalmente non se presentou por non poder reunir tódolos seus integrantes por diferenzas existentes dentro da súa propia federación. Dese xeito, as seleccións do Centro e Cataluña disputaron o trofeo, resultando vencedora a segunda, tras gaña-lo primeiro partido e empata-lo segundo encontro.

Campión Cataluña1º título

1917 Na terceira edición do torneo tomou parte a selección Cantábrica (formada polas provincias de Oviedo e Santander). Novamente se ausentou a selección do Norte (País Vasco). As outras dúas seleccións participantes foron a do Centro e a de Cataluña. Volveuse disputar en forma de liga, pero foi preciso un desempate final entre casteláns e cataláns, que gañou a selección do Centro.

Durante o partido de desempate, cun resultado de 2-0 favorable aos casteláns, foi anulado un gol a Cataluña por ser marcado cun lanzamento directo de saque de esquina (non válido segundo as reglas da época). Tralas protestas foi expulsado un xogador catalán. A selección catalá abandonou o partido en sinal de protesta no minuto 75.

Campión20px|Centro Centro1º título

1918 A cuarta edición da competición deixou claro que estaba estancada. Os clubs de fútbol demandaron á Federación en xaneiro de 1918 que suspendese a competición. Ademais, a competición coincidía coa celebración da Copa do Rei polo que os mellores xogadores non podían tomar parte. Finalmente só participaron as selección do Cento e do Cantábrico, e a competición foi disputada nunha final directa a dobre partido. A vitoria foi para o Centro, que obtivo o trofeo en propiedade.

Campión20px|Centro Centro2º título

1922-23 Despois do éxito conseguido por España nos Xogos Olímpicos de Antuerpen, e de cara á preparación da selección española para os Xogos de París de 1924, a Asemblea Nacional acordou na reunión de 20 de xulio de 1922, restablecer a competición como base para a composición do equipo. Nesta edición participaron as oito federacións afiliadas á federación estatal: Galiza, Asturias, Biscaia, Guipúscoa, Cataluña, Levante, Centro e Sur.

Cuartos de final

Semifinais

Final

Campión Asturias1º título

1923-24 Á tempada seguinte foi disputada unha nova edición desta competición, que non acadou o éxito da anterior, alén de que, completada a misión de servir de base para forma-lo equipo olímpico e tralo fracaso español en París, supuxo a supresión definitiva da competición segundo acordo adoptado pola Asemblea Nacional do 26 de xuño de 1924. Os participantes e o formato foron os mesmos que a tempada anterior.

Cuartos de final

Semifinais

Final

Campión Cataluña2º título

1926 Finalizado o torneo, no ano 1926 aínda se disputou unha derradeira edición entre os dous gañadores do Campionato Interrexional: Asturias e Cataluña. A selección catalá proclamouse campioa, ficando co trofeo en propiedade.

Campión Cataluña3º título

Historial Tempada Campión Subcampión 1915 Norte Cataluña 1916 Cataluña 20px|Centro Centro 1917 20px|Centro Centro Cataluña 1918 20px|Centro Centro Cantábrico 1923 Asturias Galiza 1924 Cataluña 20px|Centro Centro 1926 Cataluña Asturias

Palmarés SelecciónCampionatosSubcampionatosAnos dos campionatosNotas Cataluña321916, 1924 e 1926Un trofeo en propiedade.20px|Centro Centro221917 e 1918Un trofeo en propiedade. Asturias111923 Norte1 —1915 Galiza —1 Cantábrico —1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La Copa Príncipe de Asturias (CIHEFE) Copa Príncipe de Asturias/Campeonato Interregional (RSSSF)

Categoría:Competicións de fútbol desaparecidas en España