Jorge Tuñas Caamaño, nado na Coruña en 1971, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Nado na Coruña, trasladouse sendo novo a Negreira, onde despois rexentou un estanco. Foi candidato do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2007 e foi elixido concelleiro. Logo da dimisión do alcalde Juan García Fuentes o 7 de setembro de 2009, Tuñas foi elixido alcalde de NegreiraJorge Tuñas foi proclamado alcalde de Negreira entre berros de «toureiro» La Voz de Galicia, 18/09/2009.. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG, que foi a lista máis votada, pero sen acadar a maioría absoluta, pasando á oposición. Nas municipais de 2015 a do PSdeG foi de novo a lista máis votada sen acadar a maioría absoluta. A abstención dos dous concelleiros de Ciudadanos, permitiulle a Tuñas ser elixido alcaldeO socialista Jorge Tuñas Caamaño, novo alcalde de Negreira La Voz de Galicia, 13/06/2015..

Polémica En abril de 2017 Tuñas dimitiu logo de que a fiscalía o acusase de apropiarse dun número de teléfonos móbiles propiedade do concello, e substituíuno na alcaldía o seu compañeiro de partido Manuel Ángel Leis MíguezLeis asume con polémica a alcaldía en substitución de Tuñas La Voz de Galicia, 29/04/2017.. En xullo de 2017 resultou absolto dos cargosAbsuelto el exalcalde de Negreira, Jorge Tuñas, de la apropiación de teléfonos móviles El Correo Gallego, 13/07/2017 . e regresou á alcaldía en novembro.

Nas eleccións municipais de 2019 non se presentou á alcaldía, encabezando a candidatura Manuel Ángel Leis Míguez, que finalmente gañou ese posto para o PSdeG.El alcalde de Negreira mantendrá Urbanismo y Mar García asume el área social

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Negreira

Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes