Bandia Ribeira Cendán, nada nas Pontes en 1979, é unha fotógrafa galega.
Traxectoria Bandia Ribeira licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Universidade Carolina de Praga. Posteriormente reconduciu a súa formación cara á fotografía e obtivo o grao de Fotografía Documental na Universidade do Sur de Gales, e o posgrao en Fotoxornalismo na Universidade Autónoma de Barcelona.
Profesionalmente traballou como xornalista en medios de comunicación, como para o xornal El Progreso ou a axencia de novas portuguesa Lusa. Artisticamente participou en exposicións individuais e colectivas en Gales, Cataluña, Romanía, Alemaña, Portugal e Galicia.
Galardóns En 2015 foi a gañadora do Premio Luis Ksado de fotografíaA fotógrafa Bandia Ribeira gaña o premio Luís Ksado , Sermos Galiza, 22 de outubro de 2015..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes