Tiê Gasparinetti Biral (São Paulo, 17 de marzo de 1980) é unha cantora brasileira de MPB, integrante do catálogo da Warner Music Brasil.
Biografía Tiê é neta da actriz Vida Alves, cursou Relacións Públicas na FAAP e estudou canto en Nova York. Foi modelo da Ford Models e chegou a actuar nun comercial dirixido por Fernando Meirelles, director premiado en Cannes. Foi dona dun Café Brechó, onde coñeceu ó tecladista Dudu Tsuda (Pato Fu) e ao compositor Toquinho, con quen gravou a súa primeira canción e viaxou polo Brasil e Europa. En 2009 lanzou o seu primeiro álbum chamado Sweet Jardim, que contou coa colaboración solidaria de diversos artistas, como Toquinho e outros artistas de corte independente de São Paulo.
Discografía Álbums 2009: Sweet Jardim 2011: A Coruja e o Coração 2014: Esmeraldas
Sinxelos + Lista de sinxelos Ano Título Mellor posición Álbum BRA 2015 "A Noite" 47 Esmeraldas
Notas
Categoría:Cantantes do Brasil Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en São Paulo