San Xoán de Palmou é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 167 habitantes (84 mulleres e 83 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 225 habitantes.

Historia Co plan de arranxo da diocese lucense de 1890 foi suprimida a parroquia de San Pedro de Erbo e integrada na de Palmou.

Patrimonio O tímpano da igrexa, hoxe no Museo de Pontevedra.|dereita|miniatura O tímpano na actualidade.|dereita|miniatura

A igrexa é de arquitectura románica. O seu tímpano, coa representación da loita de Sansón e o león, peza dada a coñecer por Xosé Ramón Fernández-Oxea nos anos trinta do século XX, é a cabeza de serie dun grupiño de sete tímpanos co mesma escena. Saído ilegalmente de España, o seu rastro foi atopado por Carlos Sastre Vázquez,"Os sete tímpanos galegos coa loita de Sansón e o león. A propósito da posible recuperación dunha peza do noso patrimonio", Anuario Brigantino 2003 e recuperado pola Deputación de Pontevedra. Hoxe exhíbese no Museo de Pontevedra.

O castro de Palmou está definido por un recinto principal de forma tendente a oval e de orientación aproximada nordés-suroeste ao que se acaroa un segundo recinto polo N e NL. A coroa ten un eixo maior duns 80 m ao interior e 100 m ao exterior. No eixo menor mide 75 m ao exterior e 60 ao interior. O seu perímetro aparece defendido, excepto na esquina sueste, por un terraplén que alcanza un maior resalte na metade oeste cunha caída máxima duns 8 m. Nas zonas sur e oeste o terraplén aparece reforzado polo exterior cun foxo que nalgún punto non é doado de identificar pola densa vexetación. Na zona oriental o sistema defensivo aparece bastante desmantelado. A entrada á coroa, probablemente estivese situada no cuadrante sueste, que é a zona máis modificada polos labores agrícolas.Ficha arqueolóxica do castro de Palmou .

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Palmou

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Palmou na web do concello de Lalín O tímpano en Claustro.com

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán