O Paris Saint-Germain Handball tamén denominado PSG é un equipo de balonmán da cidade de París, capital de Francia. Actualmente o PSG Handball compite na LNH Division 1, máxima categoría do balonmán en Francia e que gañou en 2 ocasións. O equipo xoga os seus partidos como local no Stade Pierre de Coubertin que conta cunha capacidade para 4.016 persoas. Nos partidos de Liga de Campións a sección de balonmán do Paris Saint-Germain disputa os seus encontros no Halle Georges Carpentier que ten unha capacidade para 4.272 espectadores.

Historia No 4 de xuño do 2012, o Qatar Investment Authority converteuse no novo propietario do club ao lograr a posesión do 100% das accións facendo o Paris Saint-Germain unha franquía deportiva. Unha semana máis tarde, o internacional francés Philippe Gardent deixou o Chambéry Savoie Handball para asinar un contrato de 2 anos co PSG. O Qatar Investment Authority baixo o liderado do seu presidente Nasser Al-Khelaifi investiu un total de 9,2 millóns de euros no equipo de balonmán (un 276% máis de orzamento que o PSG da tempada 2011-12), incluíndo 3,8 millóns en salarios. Os medallitas olímpicos franceses Luc Abalo, Samuel Honrubia e Didier Dinart arribaron no club, ademais do internacional danés Mikkel Hansen. Na primeira tempada desta era, o Paris Saint-Germain gañou a liga rematando cunha soa derrota ao final do campionato. Á parte, o PSG HB tamén se clasificou directamente para a Chapionas League da tempada seguinte.

Antigos nomes Asnières Sports (1941-1985) Paris-Racing-Asnières (1985-1989) Paris-Asnières (1989-1992) PSG-Asnières (1992-2002) Paris Handball (2002-2012)

Palmarés LNH Division 1: 2 20px Campións: 2012-13, 2014-2015 LNH Division 2: 2 20px Campións: 1989-90, 2009-10 Coupe de France: 2 20px Campións: 2006-07, 2013-14 Trophée des champions: 2 20px Campións: 2014, 2015

Cadro da tempada 2015-2016 miniatura|dereita|250px|Luc Abalo miniatura|dereita|200px|Mikkel Hansen NºNomeEstaturaPesoNacionalidadePosición1Patrice Annonay1,9096 kgPorteiro4Fahrudin Melić1,8385 kgExtremo dereito5Henrik Møllgaard2,00100 kgLateral esquerdo6William Accambray1,94104 kgLateral esquerdo9Igor Vori2,03114 kgPivote11Benoît Kounkoud1,8678 kgExtremo dereito14Xavier Barachet1,9597 kgLateral dereito16Thierry Omeyer1,9295 kgPorteiro18Róbert Gunnarsson1,91100 kgPivote19Luc Abalo1,8280 kgExtremo dereito22Luka Karabatić2,0292 kgPivote24Mikkel Hansen1,96100 kgLateral esquerdo25Daniel Narcisse1,8990 kgCentral33Sergiy Onufrienko1,9095 kgLateral dereito34Samuel Honrubia1,8075 kgExtremo esquerdo44Nikola Karabatić1,96106 kgCentral90Jeffrey M'Tima1,7875 kgExtremo esquerdo

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do PSG Handball

Categoría:Equipos de balonmán de Francia