Josefina García, máis coñecida como Pepa Noia, nada en Buenos Aires o 6 de xullo de 1921 e finada na mesma cidade o 31 de agosto de 2015, foi unha muller de orixe galegaMorre Pepa Noia, a galega fundadora de Madres de Plaza de Mayo , nova en Sermos Galiza. coñecida polo seu activismo dentro das Nais da Praza de MaioO 30 de abril de 1977 Pepa Noia foi a primeira en chegar á Praza de Maio., asociación da que foi unhas das fundadores e que ten por obxectivo reclamar xustiza pola desaparición dos seus fillos pola acción da ditadura militar na Arxentina.

Traxectoria Estaba, dende os vinte anos, casada con Juan Carlos Noia, do que tomou o apelido e co que tivo catro fillos. A terceira, María Lourdes, psicóloga e docente, foi secuetrada en 1976, así como tamén o seu compañeiro sentimental, Enrique Mario Mezzadra, liberado o 21 de outubro dese ano. O fillo da parella, de ano e medio de idade, quedou entón ao coido da avoa. Ao longo de catro décadas de busca, Pepa Noia apenas logrou recadar datos sobre a desaparición da súa filla a cargo da Xunta militar.

En 2010 foi distinguida como cidadá ilustre de Buenos Aires.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pepa Noia, archivos por la memoria

Categoría:Nais de Praza de Maio Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Galegos da Arxentina