Os damocloides son planetas menores do Sistema Solar como 5335 Damocles e 1996 PW que pertencen á familia Halley ou teñen períodos longos con grandes órbitas excéntricas típicas dos cometas periódicos coma o Halley, mais sen mostrar unha cola. David Jewitt define damocloide como un obxecto cun parámetro de Tisserand relativo a Xúpiter TJ ≤ 2. Isto pode definirse como (q < 5.2 AU, a > 8.0 AU, e excentricidade e > 0.75) ou i > 90 graos, mais esta definición que non se fixa en Xúpiter exclúe obxectos como , e .
Usando o parámetro de Tisserand (T-Xúpiter ≤ 2) existen noventa e seis candidatos a damocloides. Os parámetros de busca empregados son: limitados por tipo ou grupo de obxecto: asteroides con T-Xúpiter <= 2 Destes, setenta e catro teñen arcos de observación orbital maiores de trinta días, o que produce órbitas razoablemente decentes. (lista de 2013 / lista de 2011 / lista de 2010 ) O seu raio medio é de oito quilómetros asumindo un albedo de 0,04. Medíronse os albedos dos catro damocloides e están entre os obxectos coñecidos máis escuros do Sistema Solar. Os damocloides teñen cor avermellada, pero non tanto como a maioría dos obxectos do cinto de Kuiper ou os centauros.
Outros damocloides son , , , e 20461 Dioretsa. Obxectos retrógrados como o cometa Halley e o damocloide poden ter velocidades relativas á terra de .
Orixe Pénsase que os damocloides poden ser núcleos de cometas do tipo Halley que perderon os materiais volátiles debido á desgasificación e se converteron en cometas dormentes. Eses cometas probablemente se orixinaron na nube de Oort. Esta hipótese está reforzada polo feito de que algúns obxectos que se cría que eran damocloides (e que foron clasificados provisionalmente como planetas menores) mostraron despois unha cola cometaria e confirmouse que eran cometas. Este foi o caso de C/2001 OG108 (LONEOS), C/2002 CE10 (LINEAR), C/2002 VQ94 (LINEAR) e C/2004 HV60 (Spacewatch). Outro indicativo da orixe cometaria é o feito de teren algúns damocloides órbitas retrógradas, a diferenza doutros planetas menores. Os obxectos cunha inclinación de entre noventa e cento oitenta graos teñen órbita retrógrada e oposta á doutros obxectos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cometa extinto Ligazóns externas
Categoría:Sistema solar