thumb|350px|Faláfel.

O faláfelNome recomendado en galego en Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega é unha preparación típica dalgúns países de Oriente Próximo e Oriente Medio, semellante a unha croqueta, mais de forma arredondada e elaborada cunha masa de garavanzos ou fabas, á que se lle engade diversas especiasDefinición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.

Consiste nuns boliños fritidos de garavanzos ou fabas moídos, normalmente mesturados con condimentos como allo, ceboliño, pirixel, coandro e comiño. Cociña de Arabia Saudita Moitas veces, consómense en pan pita, con hummus (pasta de garavanzo), tahina (pasta de sésamo) e ensalada (tomate, cogombro, cebola e leituga). Hoxe en día, o faláfel consómese en todo o mundo grazas aos restaurantes de comida oriental.

Popularidade O faláfel tornouse popular entre os vexetarianos e vegáns como unha alternativa á carne nos establecementos de rúa orientais (principalmente nos tipo döner kebab). Aínda que tradicionalmente considerábase coma unha "hamburguesa vexetariana", o seu uso tense expandido a medida que máis e máis persoas foron adoptando unha dieta rica en proteínas.

Nos Estados Unidos, a versatilidade do faláfel permitiu a reformulación de receitas para bolos, espaguetes e albóndegas, en pratos vexetarianos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Farfel Hummus Lahmacun Samosa Tahina Ligazóns externas

Falafel, Canal Cocina, receita do faláfel .

Alfez Atopar faláfel e adubo tahina no supermercado.

Categoría:Pratos de legumes Categoría:Aperitivos Categoría:Gastronomía de Oriente Medio Categoría:Gastronomía de Turquía Categoría:Gastronomía de Siria Categoría:Gastronomía de Israel Categoría:Gastronomía de Palestina Categoría:Gastronomía de Grecia Categoría:Comida rápida Categoría:Vexetarianismo