O Toural é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres).

Neste lugar está a casa consistorial de Vilaboa, así como o CPI O Toural, o centro de saúde de Vilaboa e outros servizos. Entre o seu patrimonio está a igrexa parroquial xunto coa casa reitoral e a hórrea do Toural, e dous petos de ánimas.

Toponimia O Toural é un zootopónimo galego, que fai referencia a un lugar onde se celebraba unha feira de gando vacún.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 45. Ed. Xerais, Vigo 1992.

Lugares e parroquias Lugares de Vilaboa

Parroquias de Vilaboa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilaboa

Categoría:Lugares de Vilaboa Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos