Asif Ali Zardari (en urdú: آصف علی زرداری e en sindhi: آصف علي زرداري), nado en Nawabshah (Paquistán) o 26 de xullo de 1955, é un empresario e político paquistaní. Foi Presidente de Paquistán entre o 9 de setembro de 2008 e o 8 de setembro de 2013.

O 18 de decembro de 1987 Zardari casa con Benazir Bhutto, e queda viúvo o 27 de decembro de 2007, cando Benazir Bhutto foi asasinada en Rawalpindi.

Categoría:Presidentes de Paquistán Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Paquistán