Edicións Laiovento é unha editorial galega rexistrada en Santiago de Compostela. Ten un repertorio máis de 500 libros. Aínda que é unha editora na que o ensaio ten un peso considerábel, as súas publicacións van desde a narrativa á poesía, pasando polo teatro.

Traxectoria Edicións Laiovento naceu como empresa editorial o 19 de decembro de 1990. Os seus fundadores foron Xosé Manuel Beiras, Manuel González Millares, Xesús Couceiro, Afonso Ribas Fraga, Pepe Carreiro e Francisco Pillado. A este último débese o nome da editora, que procede da peza teatral de Ramón Otero Pedrayo "Vento nocturno", onde un vello fidalgo poeta vive no «Pazo de Laiovento». Pillado ocupou a dirección da editora até marzo de 2014Francisco Pillado deixa a dirección de Laiovento, en Praza Pública, 4 de marzo de 2014.. En 1991 apareceu o primeiro título da editora: o libro de Xosé Manuel Beiras Prosas de combate e maldicer, reeditado en 2020.

Entre os obxectivos fundacionais ˗que seguen sendo hoxe os seus principais guieiros˗ estivo o de ser un espazo de liberdade no sector editorial galego, especialmente no que toca á cuestión normativa do galego. Un segundo obxectivo foi a atención preferente a publicacións de tipo teórico, a dedicación ao ensaio de calidade. Desde o seu nacemento Laiovento prestou tamén unha especial atención á tradución, procurando verter ao galego as obras fundamentais da literatura universal, contribuíndo deste xeito á normalización da nosa lingua e sistema literario. E, finalmente, outro dos trazos que definiron a biografía editorial de Laiovento foi a publicación de textos teatrais, dando espazos de publicación á literatura dramática galega.

Laiovento configúrase como un proxecto nacional, tendo como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional de Galiza.

Recoñecementos

Pedrón de Ouro (2015), para “premiar a súa contribución, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á normalización cultural e política de Galiza".

Estatística Títulos editados: 691 (6/3/2022) Linguas en que publica: Galego, portugués e castelán (colección Endovelia) Liñas editoriais: Literatura, Humanidades e Ciencias Sociais, Libros científicos e técnicos, Libros de bolso Coleccións: Xeral, Vento do Sul, Breviarios, Fóra de serie, Endovelia, Cadernos, Escena aberta e Vento Alto.

Organigrama A organización de Edicións Laiovento estrutúrase arredor de tres consellos: dirección, editorial e asesor. Estes tres consellos son os responsábeis da administración e da política editorial. Consello de dirección

O Consello de dirección é o principal órgano reitor da editora, del dependen todas as decisións administrativas, editoriais e financeiras. De entre as persoas que fan parte del escóllese ao coordinador ou coordinadora editorial.

Presidente: Jesús Couceiro Rivas Administrador: Pablo Couceiro Caramés Vogais: Afonso Ribas Fraga (coordenador editoral), Luísa Martínez Pazos, María Couceiro Caramés, Prudencio Viveiro Mogo (editor xeral), Xosé Carreiro Monteiro e Xosé M. Beiras Torrado.

Consello editorial

O Consello editorial é o encargado da política de publicacións da editora, da súa organización ao longo do ano e de avaliar os orixinais que chegan a Laiovento, contando coa axuda do Consello asesor.

Carlos Garrido Rodrigues Carlos López Bernárdez Carme Fernández Pérez-Sanjulián Manuel Castelao Mexuto Marta García González Mercedes Rozas Caeiro Miguel Anxo Seixas Seoane Rexina Rodríguez Vega Rosa Regueiro Ferreiro Uxío-Breogán Diéguez Xesús González Gómez Xosé Mª Álvarez Cáccamo Consello asesor

O consello asesor é o órgano encargado da asesoría editorial e científica, garantía de calidade editorial, especialmente no que se refire ás obras de ensaio e de investigación.

Alberto Molares Vila (UVigo-IDIS) Anxo Angueira (UVigo) Aurora Marco López (USC) Boaventura de Sousa Santos (C.E.S. da U. de Coímbra) Burghard Baltrusch (UVigo) Daniel Raventós (UB) Edelmiro López Iglesias (USC) Eduardo L. Giménez Fernández (UVigo) Heriberto Cairo Carou (UCM) Iolanda Galanes Santos (UVigo) José Carlos Bermejo Barrera (USC) Justo Beramendi (USC) Laura Tato Fontaiña (UDC) Manuel Gago Mariño (USC) Manuel Ferreiro (UDC) Manuel Rodríguez Viqueira (UAM) Margarita Ledo Andión (USC) María Dolores Lois Barrio (UCM) Monserrat Pena Presas (USC) Nieves Rodríguez Brisaboa (UDC) Rubén Lois (USC) Sara Carou García (UDC) Xabier Gómez Guinovart (UVigo) Xosé Luís Armesto Barbeito (UDC) Xosé Ramón Freixeiro Mato (UDC)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Distribución editorial galega

Ligazóns externas Edicións Laiovento Ficha na páxina web da Asociación Galega de Editoras

Laiovento Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes