Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.

Traxectoria

Primeiros anos Fillo e neto de andaluces de Xaén e Granada, que se coñeceron nun acto de Bandera Roja. Aínda que naceu en Barcelona, criouse e medrou no barrio do Fondo de Santa Coloma de Gramenet.«PERFIL Gabriel Rufián, independentisme en castellà i orgull de barri, Nació Digital Fixo a educación secundaria en Badalona e estudou Relacións Laborais na Universidade Pompeu Fabra e fixo un máster en Xestión de persoal na mesma universidade.

Antes de se dedicar á política, traballou durante dez anos nunha empresa de traballo temporal (ETT) chamada Organización Activa, que se fusionou co Grupo Cosmos, dedicado á subcontratación en Chile, a Arxentina, Romanía e a India. A empresa suspendeu os pagos en outubro de 2014. Rufián continuou traballando para Maipú Works SL (empresa subcontratadora de persoal industrial, regulada pola Lei 32/2006), creada con antigos compañeiros da compañía anterior, onde traballou ata xuño de 2015.

Carreira política A finais de 2013, presentouse para colaborar con Súmate, unha plataforma independentista que agrupa a castelanfalantes onde se converteu nunha figura importante e tivo que enfrontar varias polémicas.

En 2015, ingresou na Assemblea Nacional Catalana (ANC), e en maio pasou a formar parte do seu Secretariado Nacional. O 11 de setembro de 2015 foi un dos protagonistas da Via Lliure cap a la República Catalana como voceiro en castelán da ANC no escenario central do acto da Diada na Meridiana de Barcelona.«Intervención de Gabriel Rufián na Via Lliure»(en castelán),11 de setembro de 2015. Durante a campaña electoral para as eleccións catalás do 27 de setembro participou en actos de campaña de Junts pel Sí realizando chamamentos para a participación dos castelanfalantes«Acte amb JxSi sobre el castellà, Ara(en catalàn) e mais no acto final da campaña de JxS.«Intervenció de Gabriel Rufián a l'acte final campanya Junts pel Si, El Mon

O 30 de outubro anunciou que deixaba a dirección da ANC para presentarse ás eleccións encabezando a lista de Esquerra Republicana de Cataluña ás eleccións ao Congreso dos Deputados do 20 de decembro de 2015.«Gabriel Rufián encapçalarà candidatura ERC a les eleccions 20D, Nació Digital » En maio de 2016 foi nomeado de novo cabeza de lista de Esquerra Republicana para as eleccións xerais do 26 de xuño, formando de novo tándem con Joan Tardà.

É colaborador habitual en debates e tertulias de actualidade política en diversos medios de comunicación, entre outros en 2324 de Televisió de Catalunya, El Matí de Catalunya Ràdio, El Punt Avui TV, 13TV,«Intervencións de Gabriel Rufián en 13TV» e publica regularmente artigos de opinión en El Matí digital,«Articles de Gabriel Rufián » El Singular,«Articles d'opinió » Nació Digital,«De dignitat, d'independència i de Catalunya » El Punt Avui,«Articles de Gabriel Rufián al Punt Avui» ou El Món.

Polémicas O 21 de novembro de 2018, sendo o portavoz do grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), tras ser advertido tres veces á orde, foi expulsado da cámara do Congreso pola presidenta, Ana Pastor Julián, ao chamar repetidamente ao ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, "gamberro" e "indigno".

En maio de 2021, despois da negación á aprobación dunha lei para persoas transxénero no Congreso dos Deputados, declarou referíndose aos que tiñan prexuízos relixiosos, especialmente católicos: “Ti cres nas serpes que falan, nas pombas que quedan embarazadas e que se nos comportamos mal, chove de lume e queimaranos. E veñen dar leccións de normalidade e adoutrinamento".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeo da expulsión do Congreso dos Deputados, o 21 de novembro de 2018

Ficha no Congreso dos Deputados Conta oficial en Twitter Conta oficial en Facebook

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1982 Categoría:Políticos de ERC Categoría:Activistas de Cataluña Categoría:Membros da Assemblea Nacional Catalana Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra