O cocido montañés é un prato gastronómico típico de Cantabria que, a diferenza doutros tipos de cocidos típicos de España como o madrileño, o maragato ou o lebaniego, non leva garavanzos como elemento principal. É un guiso de interior que ten como compoñentes esenciais a faba e a verza, ademais do compango composto de chourizo, costela, morcilla e touciño procedentes do matacíu del chon.

É un prato forte, con grande achega calórica, polo que normalmente consómese como prato único, ou degustando a verdura primeiro e a carne despois.

O nome de montañés provén de La Montaña, un dos nomes que recibiu historicamente o territorio da actual comunidade autónoma de Cantabria.

Cada primeiro domingo de setembro celébrase unha festa do cocido montañés en Ucieda, no concello de Ruente.

Notas

Categoría:Gastronomía de Cantabria Categoría:Cocidos Categoría:Pratos de legumes