miniatura|Papeleta dos candidatos de UPyD ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.
Javier Lojo, nado en Pontevedra en 1990, é un político, periodista e director de escena galego. Vive en Vigo.
Foi máximo responsable de UPYD en Galicia, posto e formación que deixou a comezos de 2018 por desacordos coa dirección nacional.
Traxectoria Licenciouse en Comunicación pola Universidade de Burgos e está formado en dirección de escena e dramaturxia na ESAD de Galicia. Ten realizado e colaborado en distintas actividades artísticas, como actor, director e produtor de teatro. Dende 2014 ata 2016 foi preside da Asociación de Estudantes de Arte Dramática de Galicia.
Como membro de Unión Progreso y Democracia, foi parte da lista ás municipais de 2015 en Vigo, onde figurou no número 7. A candidatura non obtivo concelleiros. Meses máis tarde presentouse ás primarias e resultou elixido cabeza de lista desta formación ás eleccións xerais de 2015 pola provincia de Pontevedra.
Foi nomeado líder da formación en Galicia no 2017 tras formar parte da anterior dirección autonómica como responsable de Comunicación e de Acción Política. Dimitiu do seu cargo e abandonou o partido xunto con membros da directiva galega a comezos de 2018 tras mostrar desavinzas coa organización nacional.
Foi fundador e membro da dirección da revista cultural Punto Caótico e coordinador do Festival Internacional del Audiovisual Creando.
Como actor ten colaborado con compañías como La Fura dels Baus, La Cubana ou Cal y Canto Teatro entre outros.
Notas
Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1990 Categoría:Alumnos da Universidade de Burgos