María Teresa de Vallejo Sancho de Sopranis, nada en Burgos o 10 de marzo de 1955, é unha política galega.

Traxectoria Establecida en Santiago de Compostela, como política pertence ao Partido SAIn, unha formación vinculada ao Movimiento Cultural Cristiano, que combina medidas sociais de promoción da vivenda ou loita contra a fame con posturas contra o aborto, a eutanasia ou o matrimonio homosexual. Dirixente do partido e representante legal en Galicia, concorreu nas súas candidaturas en múltiples ocasións: eleccións galegas de 2009 e de 2012, europeas de 2009 e de 2014, locais de 2015 en Santiago de Compostela e xerais de 2015, cando encabezou a candidatura da súa formación pola provincia da Coruña.

Vida persoal Viúva, ten catro fillos.

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Burgos