San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.
Patrimonio O castro de Vilanova consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NL-SO, mide uns 110 m no interior e 120 m no exterior. O eixo NO-SL mide 90 m no interior e 100 m exterior, no punto máis ancho. Todo o perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos se aprecia a existencia de pedra. Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de cachotaría de xisto, que non alcanzan toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estrutura orixinal. No interior da coroa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto, pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas. Precisamente neste sector, ao sur do recinto, é onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.Ficha arqueolóxica do castro de Vilanova .
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Vilanova
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín Ligazóns externas Vilanova na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán