miniatura|265px|Troianos de Neptuno cos plutinos como referencia.
Os troianos de Neptuno son corpos que obitan arredor do Sol preto dos puntos de Lagrange estables de Neptuno. Teñen polo tanto aproximadamente o mesmo período orbital que este planeta e seguen o mesmo camiño orbital. Coñécense doce troianos de Neptuno, dos que nove orbitan preto do punto de Lagrange L4 60° adiante de Neptuno e tres na rexión L5, 60° detrás do planeta. Os troianos de Neptuno reciben este nome por analoxía cos troianos de Xúpiter.
O descubrimento de , que ten unha grande inclinación (>25°) na súa órbita foi significativo, pois suxeriu a existencia dunha nube "grosa" de troianos (os troianos de Xúpiter teñen inclinacións superiores a 40°), que indica unha captura en lugar dunha formación in situ ou por colisión. Sospéitase que os maiores (raio ≈ 100 km) troianos de Neptuno poden superar en número aos de Xúpiter nunha orde de magnitude.E. I. Chiang and Y. Lithwick Neptune Trojans as a Testbed for Planet Formatoion, The Astrophysical Xornal, 628, pp. 520–532 Preprint
En 2010 anunciouse o descubrimento do primeiro troiano L5 de Neptuno coñecido, . Esta rexión de Neptuno é difícil de observar porque coincide coa liña de visión do centro da Vía Láctea, área con gran poboación de estrelas.
Puido ser posible para a New Horizons investigar , mais non tiña suficiente largura de banda e deuse preferencia aos preparativos para sobrevoar Plutón.
Descubrimento e exploración En 2001 descubriuse , preto da rexión L4 de Neptuno, e con el a quinta área de poboación estable de corpos menores do Sistema Solar.Tralo cinto de asteroides, os troiano de Xúpiter, os obxectos transneptunianos e os troianos de Marte. O descubrimento do troiano de grande inclinación en 2005 evidenciou que os troianos de Neptuno poboan nubes grosas, feito que restrinxiu as súas posibles orixes.
O 12 de agosto de 2010 anunciouse o descubrimento do primeiro troiano L5, . Foi descuberto por un estudo intenso que analizou rexións nas que a luz das estrelas próximas ao centro da galaxia se escurecía por nubes de po. Isto suxier que os troianos L5 grandes son tan comúns como os troianos L4 grandes, o que restrinxiu máis os modelos sobre as orixes.
Tratouse de que a sonda New Horizons investigase os troianos da rexión L5 en 2014, cando atravesou esta rexión do espazo camiño de Plutón. Algunhas das áreas onde a luz é escurecida por nubes de po están na traxectoria de New Horizons, permitindo a detección de obxectos que a sonda podería arquivar. era suficientemente brillante para que a New Horizons o observase a finais de 2013 a unha distancia de 1.2 UA. Porén, a sonda poderían non ter largo de banda abondo, polo que se decidiu dar preferencia á preparación do do voo de recoñecemento de Plutón.
Dinámica e orixe right|miniatura|370px|Animación que amosa o camiño de seis dos troianos de Neptuno. As órbitas dos troianos de Neptuno son moi estables. Neptuno puido reter posiblemente ata o 50% da poboación orixinal trala migración. A rexión L5 alberga troianos tan estables como a rexión L4.
A inesperada grande inclinación dos troianos é clave para entender a orixe e evolución da poboación.Horner, J., Lykawka, P. S., Bannister, M. T., & Francis, P. 2008 LC18: a potentially unstable Neptune Trojan Accepted to appear in Monthly Notices of the Royal Astronomical Society Esta inclinación indica capturas conxeladas ou variacións deste proceso, ou ben unha migración lenta e suave, en lugar de colisións ou formación in situ, como orixe dos troianos de Neptuno.
Aínda que Neptuno non pode capturar eficientemente troianos mesmo por períodos curtos, espérase que ocorra a captura de centauros. Unha simulación concluíu que o 2.8% dos centauros na poboación dispersa a 34 UA sería coorbital con Neptuno. Destes, o 54% terían órbitas de ferradura, o 10% serían cuasi-satélites e o 36% serían troianos.
Cores Os primeiros catro troianos descubertos teñen cores semellantes, son moderadamente vermellos, máis que os obxectos do cinto de Kuiper, máis non tanto coma os cubewanos.
Os troianos de Neptuno son demasiado borrosos para observalos espectroscopicamente de xeito seguro coa tecnoloxía actual, o que quere dicir que hai unha gran variedade de composicións da superficie compatibles coas cores observadas.
Membros O número de obxectos de grande inclinación nunha mostraxe tan pequena, que é coñecida por observación de correntes de polarización, implica que os troianos con grande inclinación poden superar significativamente os troianos de inclinacións baixas. A razón entre os troianos de grande e de baixa inclinación estímase en 4:1.
En abirl de 2015 coñecíanse trece troianos de Neptuno, dos que nove orbitan preto do punto L4 60° diante de Neptuno, tres preto de L5 60° detrás de Neptuno e un no punto oposto de Neptuno (L3), mais cambia frecuentemente de localización relativa a Neptuno cara a L4 e L5. A listaxe seguinte está construída a partir da lista establecida polo Minor Planet Center da IAU e cos diámetros do artigo de Sheppard e Trujillo sobre , se non se indica outra fonte.
Designación provisional Punto de Lagrange Perihelio (UA) Afelio (UA) Inclinación (°) Magnitude absoluta Diámetro (km) Ano deidentificación Notas L4 29.404 31.011 1.3 8.2 ~140 2001 Primeiro troiano de Neptuno descuberto L4 29.318 30.942 1.4 8.8 ~100 2004 L4 28.092 32.162 25.0 9.0 ~80 2005 Primeiro troiano con grande inclinación descuberto L4 28.469 31.771 5.3 8.5 ~100 2005 L4 29.077 31.014 8.2 7.5 ~180 2006 L4 28.130 32.028 28.1 8.0 ~160 2007 L5 27.365 32.479 27.6 8.4 ~100 2008 Primeiro troiano L5 descuberto L5 24.553 35.851 13.6 8.9 56 2011 L5 27.662 32.455 29.4 8.1 90–180 2012 L3 21.109 40.613 19.2 6.9 ~200 L4 27.806 32.259 20.8 9.2 ~80 L4 26.961 33.215 18.8 8.2 ~130 L4 28.022 32.110 19.4 9.1 ~90
No momento da súa descuberta creuse que MPEC 2005-U97 : 2005 TN74, 2005 TO74 Minor Planet Center e eran troianos de Neptuno, mais observacións posteriores descartárono. Pénsase que é un obxecto transneptuniano resoante 3:5 con Neptuno. segue un percorrido de case-satélite arredor de Neptuno.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Planetary Trojans – the main source of short period comets? (arXiv:1007.2541 : 15 de xullo de 2010)
Categoría:Asteroides