A musacaNome en galego en Dicionario de alimentación e restauración, VV.AA. 2012, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (en grego: μουσακάς, transl. musaká; eslavo meridional: мусака / ​musaka; ambas do turco musakka, á súa vez do árabe مسقعة, transl. musaqqaa 'arrefriado'), é unha especialidade gastronómica do Oriente Medio, típico das gastronomías grega e turca e zonas limítrofes, moi semellante á lasaña pero sen pasta, que se elabora principalmente con carne picada e berenxenas, dispostas en camadas e cociñadas no forno. A carne adoita ser de carneiro, tamén leva tomate, e sempre vai condimentada con aceite, cebola e herbas e fortemente adubado con pementa. Notas

Véxase tamén Outros artigos Lasaña de valquiria

Categoría:Gastronomía de Oriente Medio Categoría:Gastronomía de Turquía Categoría:Gastronomía de Grecia Categoría:Pratos de carne