O Observatorio Fabra é un observatorio astronómico situado en Barcelona, sobre un contraforte da montaña do Tibidabo, encarado ao sur, a 415 metros de altitude. É propiedade da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona (en catalán: Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona) e debe o seu nome ao mecenas que fixo posible a súa construción, o industrial Camilo Fabra. thumb|left|O telescopio refractor Mailhat de 38 cm de diámetro (1904).
A súa actividade científica céntrase na actualidade no estudo de asteroides e cometas, de feito, foi neste observatorio onde Josep Comas Solà descubriu o cometa 32P/Comas Solà. Inaugurado en 1904, é o cuarto observatorio máis antigo do mundo que segue en activo.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial Observatorio Fabra Web oficial do observatorio robótico Fabra-Montsec no que residirá a cámara Baker-Nunn. Información sobre o asteroide Obsfabra.
Fabra Categoría:Barcelona