Devotion é o segundo álbum da banda estadounidense de dream pop Beach House, publicado o 26 de febreiro de 2008 a través do selo Carpark Records. O disco estreouse no número 195 das listas da Billboard. O seu primeiro sinxelo correspondeu ao tema "Gila".

Tras a edición de Devotion, Beach House lanzou o sinxelo en 7" "Used to Be" o día 21 de outubro de 2008 a través de Carpark Records. Unha versión distinta deste tema aparecería posteriormente no seu terceiro álbum Teen Dream en 2010.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Beach House Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums de Carpark Records