Pau é un concello do nordés de Cataluña, pertencente á comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. Tiña en 2014 unha poboación de 569 habitantes agrupados nas entidades de Pau, els Olivars e Vilaüt.

Esténdese xunto á cunca do río Muga, pola vertente meridional da serra de Rodes. A parte máis accidentada inclúese no Parque Natural do Cap de Creus. A parte chaira pertence ao Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà.

Os cultivos principais son de oliveiras e de viña. Atópase dentro da Denominación de Orixe Empordà.

Os monumentos megalíticos que se conservan na zona dolmética da serra de Rodes demostran que a súa historia remóntase a moitos miles de anos atrás. O termo pertenceu ao mosteiro de Sant Pere de Rodes durante a Idade Media. Entre os seus monumentos destacan a igrexa románica de Sant Martí (s.XI-XII) e Cal Marqués (s.XVII-XVIII).

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya Patrimonio histórico e artístico de Pau

Categoría:Concellos da provincia de Xirona