San Pedro de Gaxate é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 204 habitantes (105 mulleres e 99 homes), 17 máis ca en 2004. Ten doce entidades de poboación. Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Redondela-Oitavén da diocese de Tui-Vigo.
Xentilicio O seu xentilicio é gaxateiro.
Xeografía A parroquia está bañada polo río Oitavén. Sitúase xunto a Verducido, ó sur do concello. Limita ao norte con Guende e ao oeste con Forzáns (Ponte Caldelas).
Demografía Os habitantes desta parroquia van minguando co paso do tempo, debido á emigración das súas xentes a Portugal, Brasil e Europa, na súa maioría. Proba deste feito son as múltiples evidencias arquitectónicas que podemos admirar, como os pazos ou as casas señoriais, algunhas de estilo indiano. Os seus habitantes, con nostalxia, aínda lembran os anos dourados de Gaxate, onde abundaban as tardes de festa e cine, as xuntanzas, faladoiros e os primeiros paseos en coche.
Historia Os restos arqueolóxicos achados no castro de Gaxate indican que foi unha zona habitada dende tempos remotos.
Durante o feudalismo, os nobres ocupaban o poder e posuían ostentosas casas que aínda hoxe se poden atopar. Máis tarde, no século XV, Gaxate pertenceu ao Condado de Soutomaior, e crese que Pedro Madruga e a súa esposa Dona Urraca tiveron casa en Gaxate.
Gaxate era un lugar innovador, foi a primeira parroquia do municipio e unha das primeiras da provincia que contou con luz eléctrica grazas á enerxía xerada por unha fábrica de electricidade alí situada.
Lugares e parroquias Lugares de Gaxate
Parroquias da Lama
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Lama
Categoría:Parroquias da Lama Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro