dereita|miniatura|María Victoria Carballo-Calero con diversas autoridades na entrega do Premio Trasalba 2021. María Victoria Carballo-Calero Ramos, nada en Ferrol o 11 de maio de 1942, é unha historiadora da arte galega, especializada en arte contemporánea, arquitectura e cidade.
Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Artes Plásticas en 2022. Segundo o xurado: "pola "ampla bagaxe" na investigación académica e a difusión cultural da autora no que atinxe á arte galega do século XX".
Traxectoria É Catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo. Académica de número e conservadora da Real Academia de Belas Artes de Galicia. Correspondente das Reales Academias de San Fernando (Madrid) e Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Decana da Facultade de Historia da UVi. Vogal do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea. Vogal do Padroado da Fundación Otero Pedrayo e vocal das Comisións de Patrimonio da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense.Currículo na páxina da Real Academia Galega de Belas Artes.
É filla de Ricardo Carballo Calero e María Ignacia Ramos e nai de María Victoria (profesora de Filoloxía Inglesa da Universidade de Vigo); José Ramón; Ricardo (maxistrado); María Elena e Pablo (profesor de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo).
Obra bibliográfica La ilustración en la Revista Nós, 1983. Julia Minguillón, 1984 (Fundación Barrié, tese de doutoramento). El Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (con Antonio Bonet Correa e M.A. González García), 1987. Antón Faílde, 1986. Os Castelaos de Ourense, 1985. La revista Vida, una aventura antes de Alfar, 1997. La transformación de una ciudad: Ourense 1880-1936 (con Javier Suances e Marcos Valcárcel), 1995. Arte de Fin de Siglo, (con Simón Marchán e Carmen Pena), 1998 Arte y Ciudad, ámbitos medieval, moderno y contemporáneo, (Cord), 2000. Julia Minguillón y Maruja Mallo. El reencuentro con la modernidad en la posguerra, 2001. A Arte Galega na Colección Caixanova (con José Carlos Valle Pérez, María Luisa Sobrino e Xosé Antón Castro), 2005. "Castelao and the Debate on Modernity. The state of Affairs", en Modern Galicia, 1916-1936. "Prints in Modern Galicia. The Twenties and Thirties", en Modern Galicia, 1916-1936, 2005.
Premios
En 2021 foi Premio Trasalba. En 2022 foi Premio da Cultura Galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal, t. 4, p. 424. Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 185. Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 18, p. 44.
Ligazóns externas Uvi > Facultade de Historia de Ourense > Organización docente > Profesorado
Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Catedráticos da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Premio Trasalba