O Gran Premio de España de 1986 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto Permanente de Xerez en Xerez da Fronteira, España o 13 de abril de 1986. A carreira foi a segunda rolda da tempada de Fórmula Un. Este foi o primeiro Gran Premio de Fórmula Un español desde a carreira de 1.981 que se celebrou no Jarama.
Resumo
Esta carreira viu unha batalla con 3 coches polo liderado na última metade da carreira. Ayrton Senna (Lotus - Renault), Nigel Mansell (Williams - Honda) e o actual campión do mundo Alain Prost (McLaren - TAG) todos tiveron a oportunidade de levarse a vitoria. Unha vez que Mansell montou pneumáticos novos atacou de novo recortando máis de 19 segundos nas últimas 10 voltas cos seus cauchos frescos. Non foi suficiente para lograr a vitoria, pero a diferenza foi moi estreita entre Senna e Mansell na bandeira a cadros, un case á beira do outro, Senna soamente avantaxou por 0.014 a Mansell nunha das finais máis pechadas na historia da Fórmula Un.
Nunha entrevista logo da carreira, Mansell dixo que non tiña problemas coa condución defensiva de Senna (bloqueo) ao final da carreira cando o Williams foi o coche máis rápido, dicindo que Senna tiña dereito a protexer a súa vantaxe. A continuación, en ton de broma agregou que o final foi tan pechado que deberían levar 7½ puntos cada un.FIA F1 Review 1986 - Rd.2 Spain
Clasificación
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:21.605 1:21.924 — 2 6 Nelson Piquet Williams-Honda 1:23.097 1:22.431 +0.826 3 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:23.024 1:22.576 +0.971 4 1 Alain Prost McLaren-TAG 1:23.702 1:22.886 +1.281 5 2 Keke Rosberg McLaren-TAG 1:23.948 1:23.004 +1.399 6 25 René Arnoux Ligier-Renault 1:24.566 1:24.274 +2.669 7 20 Gerhard Berger Benetton-BMW 1:24.501 1:25.235 +2.896 8 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 1:24.817 1:25.863 +3.212 9 19 Teo Fabi Benetton-BMW 1:25.052 1:26.196 +3.447 10 11 Johnny Dumfries Lotus-Renault 1:29.093 1:25.107 +3.502 11 28 Stefan Johansson Ferrari 1:25.466 1:25.655 +3.861 12 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:25.831 1:41.631 +4.226 13 27 Michele Alboreto Ferrari 1:26.554 1:26.094 +4.489 14 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 1:26.231 1:29.911 +4.626 15 8 Elio de Angelis Brabham-BMW 1:27.300 1:26.550 +4.945 16 14 Jonathan Palmer Zakspeed 1:27.600 1:26.918 +5.313 17 15 Alan Jones Lola-Hart 1:28.645 1:26.946 +5.341 18 16 Patrick Tambay Lola-Hart 1:27.045 1:26.992 +5.387 19 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:28.812 1:27.169 +5.564 20 4 Philippe Streiff Tyrrell-Renault 1:27.637 1:28.086 +6.032 21 21 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:28.894 1:28.423 +6.818 22 17 Marc Surer Arrows-BMW 1:28.803 1:28.443 +3.838 23 22 Christian Danner Osella-Alfa Romeo 1:29.046 +7.441 24 23 Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 1:29.195 17:53.811 +7.590 25 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 1:30.062 +8.997
Carreira Pos Nº Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Pts 1 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 72 1:48:47.735 1 9 2 5 Nigel Mansell Williams-Honda 72 + 0.014 3 6 3 1 Alain Prost McLaren-TAG 72 + 21.552 4 4 4 2 Keke Rosberg McLaren-TAG 71 + 1 volta 5 3 5 19 Teo Fabi Benetton-BMW 71 + 1 volta 9 2 6 20 Gerhard Berger Benetton-BMW 71 + 1 volta 7 1 7 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 68 + 4 voltas 19 8 16 Patrick Tambay Lola-Hart 66 + 6 voltas 18 Ret 11 Johnny Dumfries Lotus-Renault 52 Caixa de cambios 10 Ret 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 41 Motor 12 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 40 Palier 8 Ret 17 Marc Surer Arrows-BMW 39 sistema combustible 22 Ret 6 Nelson Piquet Williams-Honda 39 Motor 2 Ret 8 Elio de Angelis Brabham-BMW 29 Caixa de cambios 15 Ret 25 René Arnoux Ligier-Renault 29 Palier 6 Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 22 Coxinete da roda 13 Ret 4 Philippe Streiff Tyrrell-Renault 22 Motor 20 Ret 22 Christian Danner Osella-Alfa Romeo 14 Motor 23 Ret 28 Stefan Johansson Ferrari 11 Freos 11 Ret 21 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 10 Motor 21 Ret 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 8 Caixa de cambios 14 Ret 23 Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 1 Diferencial 24 Ret 14 Jonathan Palmer Zakspeed 0 Colisión 16 Ret 15 Alan Jones Lola-Hart 0 Colisión 17 Ret 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 0 Diferencial 25
Líderes por volta Ayrton Senna 49 (1-39, 63-72), Nigel Mansell 23 (40-62)
Notas
3ª vitoria nun Gran Premio de Ayrton Senna e 76ª vitoria para Lotus. Tamén foi a vitoria 19ª para un coche con motor Renault. Novena Pole de Ayrton Senna e 100ª para Lotus. Foi tamén a pole position número 44 de Renault. 100º Gran Premio para Keke Rosberg. 350ª saída nun Gran Premio para o equipo Lotus. 1º Gran Premio acabado para o equipo Hass Lola e o último final dos motores turboalimentados Hart 415T. Esta foi a terceira carreira co final máis pechado na meta na historia da Fórmula Un, logo dun espectacular ataque de Mansell que permitiulle chegar xunto a Senna na recta final.1986 Spanish Grand Prix @ StatsF1
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Ayrton Senna 15 2 Nelson Piquet 9 3 Nigel Mansell 6 4 Jacques Laffite 4 4 Alain Prost 4
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Honda15 1 Lotus-Renault15 3 Ligier-Renault7 3 McLaren-TAG7 5 Benetton-BMW4
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1986 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1