Onde está Wally? (en ) é unha serie series de libros infantís creada polo ilustrados inglés Martin Handford. Os libros consisten en ilustracións de dobre páxina que representan a ducias de persoas facendo unha gran variedade de cousas nun lugar concreto. Os lectores son retados a atopar a personaxe de Wally agochado. Os distintivos lentes, camiseta e gorro a raias de Wally permiten recoñecelo facilmente, pero as ilustracións conteñen moitas distraccións e obxectos a raias en branco e vermello. Segundo foron avanzando as publicacións, fóronse engadindo outros obxectivos que atopar nas ilustracións. Os libros inspiraron unha serie de televisión, banda deseñada e videoxogos.
Foi traducido ó galego por Antonio García Teijeiro en 1991.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Where's Waldo? The Fantastic Journey Ligazóns externas FindWally.co.uk
Categoría:Literatura infantil