Gainesville é a sede de condado e cidade máis grande do Condado de Alachua (Florida), e ademais a cidade principal da área metropolitana de Gainesville. A súa poboación no censo estimado dos Estados Unidos de 2013 era de 127.488 persoasCenso dos Estados Unidos de 2013 ., cun crecemento de poboación dun 2,4% desde 2010. É a cidade máis grande da rexión de North Central Florida. Ademais, tamén é parte da área estatística de Gainesville-Lake City, que tiña unha poboación en 2013 de 337.925 habitantes.
Gainesville é sede da Universidade de Florida (o oitavo campus universitario máis grande dos Estados Unidos segundo o número de estudantes), así como do Santa Fe College. A área metropolitana de Gainesville foi elixida como o mellor lugar para vivir en Norte América na edición de 2007 de Cities Ranked and Rated. Tamén en 2007, Gainesville was elixido como un dos "mellores lugares para vivir e xogar" dos Estados Unidos, segundo a National Geographic Adventure. Porén, Gainesville tamén foi elixida por dúas veces como "a quinta peor cidade" dos Estados Unidos pola National Coalition for the Homeless: a primeira, en 2004 pola súa criminalización dos sen teito; e, a segunda, en 2009 polas súas ordenanzas municipais sobre os comedores públicos que limitaron o número de comidas diarias ofrecidas a 130Blog de Gainesville "The Gainesville Sun — Parks as soup kitchens", consultado o 7-7-2011 .Entre tanto, a ordenanza da restrición das 130 comidas diarias foi derogada ("Soup Kitchen Limits End in Gainesville" )..
A cidade foi fundada en 1854 e foi incorporada aos Estados Unidos o 14 de abril de 1869.
Gainesville tamén é coñecida popularmente polos nomes de Gatorville, G-Ville, Gainesvegas, Hogtown e GNV.
O lema da cidade é "Every path starts with passion" (todo camiño da comezo con paixón).
Historia
Poboamentos prehispánicos miniatura|Placa de lugar histórico no campus da Universidade de Florida Hai preto de doce mil anos os pobos paleoamericanos viviron en Florida"Florida's Indians from Ancient Times to the Present", consultado o 30-6-2011 , pero deles apenas foron descubertos menos dun cento de xacementos"Florida Historical Contexts: The Paleoindian Period", consultado o 30-6-2011 . Aínda que non se sabe con certeza se existiron asentamentos permanentes daquel período dentro dos límites da actual Gainesville, a evidencia arqueolóxica constata a presenza humana"Paleo-Indians in Florida" , consultado o 1-12-2015 . Coa fin da glaciación e a retirada do xeo ao norte, o nivel do mar elevouse inundando amplas zonas da costa de Florida e reducindo a súa masa de terra mentres o sueste dos Estados Unidos volveuse máis húmido que ata o momento. Por iso, os pobos paleoamericanos precisaron moverse menos entre as áreas inundadas e apareceron máis campamentos habitados durante períodos máis longos. Un dos lugares onde foi atopado un campamento do final deste período foi nos arredores de Paynes Prairie, moi preto de Gainesville.
Co tempo, foi xurdindo unha organización social máis complexa e iniciáronse actividades agrícolas dentro do que os arqueólogos clasifican como a cultura de Deptford (2500 − 100 A.C.). Precisamente foi escavado un asentamento desta cultura baixo uns restos da posterior cultura Alachua, no chamado "Túmulo da Facultade de Dereito" ("Law School Burial Mound") nos terreos da Universidade de Florida"The Law School Mound" , recensión na web do Department of Growth Management (Condado de Alachua, Florida). Consultado o 7-9-2011 .. Ao redor do século I, individuos da cultura Deptford comezaron a moverse nos arredores do actual Gainesville para tomar posicións nas zonas húmidas das inmediacións de Paynes Prairie e do norte do lago Orange, converténdose entón na chamada cultura de Cades Pond.
miniatura|Tipis da aldea de Timucua en Florida (circa 1562) No século VII o pobo da cultura Deptford foi desprazada pola migración da chamada cultura Ocmulgi procedente dos vales ribeiráns do sur de Xeorxia, que pasou a denominarse cultura Alachua posto que a meirande parte das súas vilas hoxe se atopan no actual Condado de Alachua. O túmulo do campus da Universidade de Florida foi construído sobre o ano 1000 da nosa era polos habitantes da cultura Alachua que probablemente viviron ao longo da ribeira do lago Alice.
As vilas da cultura Alachua xurdiron formando conglomerados conectados entre si por unha serie de sendeiros nos bosques, moitos deles aínda en uso como estradas pavimentadas. Entre estes conglomerados de asentamentos hai algún dentro do actual perímetro da cidade de Gainesville, próximo a Devil's Millhopper e do lago Moon (a súa beira oriental está a 640 metros dos límites da cidadeLago Moon: 29.681165,-82.404317. Lugar máis próximo aos límites da cidade: 29.679683,-82.395294 ("City of Gainesville — City Limits June 2009 — City Limits" , consultado o 7-9-2011 ). Usando a aplicación de Movable Type Scripts, a distancia é de 619 metros.), así como ao noroeste e na parte central norte de Paynes Prairie e ao oeste do lago Newnans.
No período descrito, a rexión foi o fogar dos Potano, un cacicado Timucua descendente da cultura Alachua (a cidade de Potano existiu no que hoxe é o San Felasco Hammock, ao noroeste de Gainesville) .
Colonización europea Hernando de Soto e o seu exército pasaron por Gainesville en agosto de 1539 ao comezo dos seus catro anos de exploración do que hoxe é o sueste dos Estados Unidos. A terceira vila que visitaron foi Utinamocharra, despois de estar no denso conglomerado situado ao leste do lago Moon, no límite noroeste do actual Gainesville.
Os pobos amerindios, debido á súa escasa resistencia ás enfermidades introducidas tras a chegada dos europeos ao novo continente, viron reducido significativamente o seu número, e, por riba, aínda máis pola represión española ás revoltas dos nativos americanos.
Os restos dos timucua foron convertidos ao catolicismo e organizados en misións supervisadas polos sacerdotes franciscanos. A Misión de San Francisco de Potano, a primeira doutrina (unha misión cun sacerdote residente) en Florida ao oeste do río Saint Johns, foi fundada en 1606 ao sur do actual Parque Estatal e Reserva de San Felasco Hammock. Xa fora nos terreos da actual cidade de Gainesville ou xunto dela, houbo nela dúas misións (cada unha chamada de acordo a advocación do día no que se dixo a primeira misa), Santa Ana e San Miguel, que estiveron a un día de camiño ao sur da misión de San Francisco, probablemente no conglomerado este do lago Moon, onde foron atopados restos españois e indios do período das misións. As primeiras misións aparentemente se estableceron xunto a aldeas de nativos visitadas por De Soto nas súas expedicións. Crese que Santa Ana estivo situada onde se encontraba Utinamocharra, e mesmo en 1606 ao freire que serviu como sacerdote nela contáronlle das crueldades que os homes de De Soto cometeron sobre o seu xefe cando era un cativo. Durante o perído colonial, o xefe da cidade dos Potano foi trasladado forzosamente desde a beira oeste do lago Orange ás inmediacións de Devil's Millhopper, que hoxe está no termo municipal de Gainesville.
Non obstante, na primeira década do século XVIII, os soldados coloniais da Provincia de Carolina e os seus aliados os indios Yamasi mataran ou capturaran a case todo o resto dos nativos (de dez a doce mil nativos floridanos foron escravizados, segundo o gobernador da Florida española) e os poucos timucua que quedaron fuxiron para terminar vivindo nas proximidades de Saint Augustine.
Os colonos españois comezaron coa cría de gando na área de Paynes Prairie empregando man de obra timucua, e a maior facenda foi chamada La Chua (que combina o artigo castelán la co termo timucua chua, que significa "dolina"). Aínda que La Chua foi destruído polos soldados da Carolina antes mencionados, a facenda deu o seu nome á área Alachua no que a tribo Seminola estableceuse no século XVIII baixo o liderado do gran xefe Ahaya Gardavacas ().
Entre 1763 e 1784 o que agora é Gainesville caeu na xurisdición da colonia británica de Florida Oriental.
Primeiros asentamentos dos norteamericanos right|miniatura|Localización de Gainesville no Condado de Alachua e no estado de Florida|250px Gainesville foi fundada para crear a sede do Condado de Alachua ao longo da liña de ferrocarril proposta pola Florida Railroad Company, na ruta de Cedar Key a Fernandina Beach. Como dita compañía propuxo que o ferrocarril evitara pasar pola que era a sede do condado nese momento (Newnansville), os habitantes do condado decidiron en 1853 trasladala a unha nova poboación que se chamaría Gainesville. En 1854 foi elixido un lugar en Black Oak Ridge, por onde o ferrocarril tiña previsto pasar. En xeral se acepta que o novo asentamento debe o seu nome ao Xeneral Edmund Pendleton Gaines, comandante das tropas en Florida do Exército dos Estados Unidos ao principio da Segunda Guerra Seminola. O ferrocarril de Fernandina a Gainesville rematouse en 1859, pasando a seis quinteiros ao sur do pazo de xustiza.
Adoitase dicir que o nome orixinal de Gainesville foi Hogtown; porén, Hogtown foi realmente un asentamento de principios do século XIX situado no actual Westside Park (na esquina nordeste da intersección da NW 8th Avenue e a 34th Street), onde se atopa unha placa histórica"Historical Markers in Alachua County, Florida − HOGTOWN SETTLEMENT / FORT HOGTOWN" . Consultado o 27-6-2011 ."Historic Markers Across Florida − Hogtown settlement / Fort Hogtown" . Consultado o 27-6-2011 que sinala a localización de Hogtown nese lugar. Hogtown é a vila epónima do inmediato Hogtown Creek, regato que flúe 9,2 kms a través de Gainesville"For the Implementation of Total Maximum Daily Loads Adopted by the Florida Department of Environmental Protection In The Orange Creek Basin". Consultado o 30-6-2011 . Hogtown seguiu existindo despois da fundación de Gainesville, tal como o demostra un mapa que recolle ámbalas dúas poboacións, que foi publicado en 1864 en base a enquisas realizadas en 1855. Dous residentes de Hogtown xogaron un papel relevante no desenvolvemento de Gainesville. Un deles foi William Lewis, propietario dunha plantación en Hogtown, quen deu vinte votos que lle foran prometidos para crear unha nova cidade no prevista ruta do ferrocarril que ía chamarse Lewisville. O outro foi Tillman Ingram, quen tamén posuía unha plantación ademais dun serradoiro en Hogtown e axudou a inclinar o voto para mover a sede do condado á nova cidade ofrecendo a construción dun novo pazo de xustiza a baixo prezo. Os veciños de Newnansville, descontentos coa perda da cabeceira do condado, chamaron ao lugar elixido para construír a nova cidade "Hog Wallow" (algo así como envorcallarse o cocho), debido á súa situación entre Hogtown (traducible como vila do cocho) e Paynes Prairie (pradeira de Paynes). O antigo asentamento de Hogtown foi anexado á cidade de Gainesville en 1961.
Os novos terreos da cidade, cunha extensión de 103,25 acres (41,78 ha), foron mercados por 642,51 dólares. A Comisión do Condado ordenou a venda pública de lotes da cidade en 1854, pero non se rexistrou ningunha merca ata 1856. O Pazo de Xustiza de Gainesville construíuse en 1856, sendo trasladada oficialmente a sede do condado desde Newnansville nese momento. O cárcere construíuse en 1857 e, no mesmo ano, escavouse un pozo e instalouse unha bomba para uso público. O valor das propiedades aumentaron rapidamente. Un quinteiro da cidade no bordo dela mercouse en 1857 por 14,57 dólares e apenas un ano despois vendeuse por 100 dólares. O ferrocarril de Fernandina chegou a Gainesville en 1859 e prolongouse a Cedar Key ao seguinte ano. Nese momento había oito ou nove tendas e tres hoteis ao redor da praza do pazo de xustiza.
A Secesión e Guerra Civil miniatura|Estatua ao confederado no centro de Gainesville