O metal sinfónico é un subxénero do heavy metal que combina as súas características con diversos elementos da música clásica, como por exemplo instrumentos sinfónicos e coros. Os teclados típicos do power metal tamén adoitan estar presentes neste xénero. Os grupos de metal sinfónico teñen habitualmente vocalistas femininas adestradas no canto, o que deu lugar ao alcume opera metal, e tamén é común que estes grupos inclúan un segundo vocalista, habitualmente masculino, cantando con voz gutural, característica máis típica do gothic metal.

Os grupos máis prominentes deste xénero son os fineses Nightwish, os suecos Therion e os neerlandeses Epica. Moitos outros grupos deste xénero acadaron unha gran popularidade a comezos e mediados dos anos 2000, como por exemplo After Forever, Delain, Leaves' Eyes, Xandria e Edenbridge.

Notas

Categoría:Subxéneros do heavy metal