O Libro de Kells (Leabhar Cheanannais en irlandés; Book of Kells en inglés), tamén coñecido como o Grande Evanxeo de San Columba, é un manuscrito ilustrado con motivos ornamentais, feito por monxes celtas cara ao ano 800 d. C., no estilo coñecido por arte insular.

Peza principal do cristianismo irlandés e da arte hiberno-saxónicaBook of Kells , artigo da Universidade de Long Island, constitúe, malia non estar concluído, un dos máis suntuosos manuscritos iluminados que se conservan da Idade Media.

Pola súa gran beleza e a excelente técnica do seu acabado, este manuscrito é considerado por moitos especialistas como un dos máis remarcábeis vestixios da arte relixiosa medieval. Escrito en latín, o Libro de Kells contén os catro evanxeos do Novo Testamento, así como notas preliminares e explicativas, e numerosas ilustracións e miniaturas coloreadas. Na actualidade o libro está exposto de maneira permanente na biblioteca do Trinity College de Dublín (Irlanda), baixo a referencia MS 58.

Historia Orixes miniatura|200px|O folio 29 contén o incipit do Evanxeo segundo San Mateu, chamado Liber generationis. Compare esta imaxe coa páxina correspondente dos Evanxeos de Lindisfarne (ver aquí), en particular a forma do monograma Lib.|esquerda267x267px|miniatura|Libro de Kells.|esquerdaO Libro de Kells é o máis ilustre representante dun grupo de manuscritos coñecido por estilo insular producidos entre o final do século VI e o inicio do IX, nos mosteiros de Irlanda, Escocia e do norte de Inglaterra. Están entre eles o Cathach de San Columba, o Ambrosiana Orosius, un fragmento de evanxeo na biblioteca da catedral de Durham (todos do inicio do século VII), e o Libro de Durrow (da segunda metade do século VII). No comezo do século VIII foron producidos os Evanxeos de Durham, os Evanxeos de Echternach, os Evanxeos de Lindisfarne e os Evanxeos de Lichfield. Todos estes manuscritos presentan semellanzas dende o punto de vista do estilo artístico, da escrita e das tradicións escritas, as cales teñen posibilitado reagrupalos na mesma familia. O estilo plenamente conseguido das coloracións coloca ao Libro de Kells entre as obras máis tardías desta serie, arredor de finais do século VIII ou comezos do IX, ou sexa, na mesma época do Libro de Armagh. A obra respecta a maioría das normas iconográficas e estilísticas presentes nestes escritos máis antigos: por exemplo, a forma das letras decoradas que inician cada un dos catro Evanxeos é moi semellante entre todos os manuscritos das Illas Británicas compostos nesta época. Comparando a páxina introdutoria do Evanxeo segundo san Mateu cos Evanxeos de Lindisfarne e coa do Libro de Kells, pódese ver que ámbalos dous posúen intricados deseños decorativos no interior das contornas das letras iniciais do texto.

miniatura|esquerda|200px|A abadía de Kells. O Libro de Kells debe o seu nome á abadía de Kells, situada en Kells, no condado de Meath, Irlanda. A abadía, onde se conservou o manuscrito durante un longo período da Idade Media, foi fundada a comezos do século IX, na época das invasións viquingas. Os monxes eran orixinarios do mosteiro de Iona, unha das illas Hébridas situada fronte á costa oeste de Escocia. Iona posuía unha das comunidades monásticas máis importantes da rexión dende que san Columba, o grande evanxelizador de Escocia, a convertera no seu principal centro de evanxelización no século VI. Cando a multiplicación das incursións viquingas acabou tornando a illa de Iona demasiado perigosa, a maioría dos monxes partiran para Kells, que se converteu así no novo centro das comunidades fundadas por Columba.

A determinación exacta do lugar e da data da produción do manuscrito foi fonte de numerosos debates. Segundo a tradición, o libro data da época de San Columba (tamén coñecido como San Columcille), talvez escrito por el mesmo en persoa. Con todo, estudos paleográficos teñen demostrado que esta hipótese non é verdadeira, unha vez que o estilo caligráfico usado no Libro de Kells desenvolveuse posteriormente á morte de Columba. Hai evidencias que amosan que foi escrito arredor do ano 800. Hai outra tradición, con maior aceptación polos estudosos irlandeses, que suxire que fora creado por ocasión do aniversario de 200 anos da morte do santo.McCaffrey, Carmel e Leo Eaton. In Search of Ancient Ireland. Ivan R Dee. 2002. PBS 2002.

Producíronse, polo menos, cinco teorías diferentes sobre a orixe xeográfica do manuscrito. Na primeira, o libro podería ter sido escrito en Iona e traído ás presas para Kells, o que explicaría a razón de que nunca se tivese concluído. miniatura|250px|A abadía de Iona.

Na segunda, a súa redacción podería terse iniciado en Iona antes de ser continuado en Kells, onde tería sido interrompida por algún motivo ignorado. Outros investigadores aventuran que o manuscrito podería ter sido totalmente escrito no Scriptorium de Kells. Unha cuarta hipótese sitúa a creación orixinal da obra no norte da Inglaterra, posibelmente en Lindisfarne, antes de ser levada até Iona e despois para Kells. Finalmente, podería ter sido producido nun mosteiro descoñecido na Escocia.

Malia que a cuestión da exacta localización da produción do libro probabelmente nunca sexa respondida de maneira concluínte, a segunda teoría baseada na dobre orixe de Kells e Iona é actualmente a máis amplamente aceptada. Por outro lado, sen querer determinar cal é a hipótese correcta, o certo é que o Libro de Kells foi producido por monxes pertencentes a unha das comunidades de San Columba, que mantiñan estreitas relacións co mosteiro de Iona.

Período medieval Sexa cal fose o lugar no que foi creado, os historiadores están totalmente convencidos da presenza do Libro de Kells na abadía do mesmo nome a partir do século XII, ou incluso dende comezos do XI. Unha pasaxe dos Anais do Ulster, sobre o ano 1006, rexistra que o grande Evanxeo de Columcille [i.e Columba], principal reliquia do mundo occidental, foi subtraído subrepticiamente en plena noite dunha sancristía da grande igrexa de pedra de Cenannas [i.e Kells] debido ao seu precioso estoxo. O manuscrito foi encontrado meses máis tarde baixo un monte de terra, sen a súa capa decorada con ouro e pedras preciosas. En caso de que concorde con esta moi probábel hipótese, entón o manuscrito en cuestión é mesmo o Libro de Kells, tratándose entón da primeira data na que se pode atribuír con bastante certeza a existencia da obra en Kells.

A retirada violenta da capa explicaría, ademais, a perda dalgunhas follas do inicio e da fin da obra.

No século XII foron copiados certos documentos referentes ás terras de propiedade da abadía de Kells sobre algunhas follas en branco do Libro de Kells, o que proporciona unha nova confirmación da presenza da obra neste establecemento monástico. Debido á escaseza de papel na Idade Media, a copia de documentos no medio de obras tan importantes como o Libro de Kells era unha práctica habitual.

miniatura|250px|esquerda|O folio 27 contén os catro símbolos evanxélicos (no senso horario a partir do alto á esquerda: home, león, aguia e touro).

Libro de Kildare Un escritor do século XII, Giraldus Cambrensis (Xeraldo de Gales), describe nunha famosa pasaxe da súa Topographia Hibernica un grande libro evanxélico que admirara en Kildare, nas proximidades de Kells, e que se supón que sería o Libro de Kells. A descrición, en todo caso, parece concordar:

Unha vez que Xeraldo informa haber visto este libro en Kildare, podería ser que se tratase doutra obra igual en calidade, mais actualmente perdida. Máis probabelmente, Xeraldo podería simplemente ter confundido Kells e Kildare.

A Abadía de Kells foi pechada por mor das reformas eclesiásticas do século XII. A igrexa da abadía foi transformada nunha igrexa parroquial, na cal permaneceu o Libro de Kells.

Período moderno O Libro de Kells permaneceu en Kells até 1654. Nese ano, a cabalaría de Oliver Cromwell estabeleceu unha gornición na igrexa local, e o gobernador da aldea enviou o manuscrito a Dublín para unha maior seguridade. O libro foi presentado aos universitarios do Trinity College en 1661 por Henry Jones, que se convertería en bispo de Meath durante o reinado de Carlos II. Salvo en poucas ocasións, como exposicións temporais, o Libro de Kells nunca máis deixou o Trinity College. Desde o século XIX é obxecto dunha exposición permanente e aberta ao público na Vella Biblioteca (Old Library) da universidade.

No século XVI, os números de capítulo dos Evanxeos, estabelecidos oficialmente no século XIII polo Arcebispo da Cantuaria, Stephen Langton, foron escritos ás marxes das páxinas en números romanos. En 1621, as follas foron numeradas polo bispo de Meath, James Ussher. En 1849, a raíña Vitoria e o príncipe Alberte foron convidados a asinar o libro: en realidade asinaron sobre unha folla colocada posteriormente á creación da obra, mais pensaban estar a asinar sobre o orixinal. Esta folla foi retirada cando o libro foi reencadernado en 1953.

O manuscrito sufriu varias reencadernacións ao longo dos séculos. Nunha destas ocasións, no século XVIII, as páxinas foron recortadas sen o menor coidado, ocasionando a perda dunha pequena parte das ilustracións. En 1895 foi realizada unha nova encadernación, mais esta deteriorouse rapidamente. No final da década de 1920, existían moitas follas soltas separadas do manuscrito. Finalmente, en 1953, a obra foi reencadernada en catro volumes por Roger Powell, que se ocupou persoalmente de alisar con todo o coidado algunhas páxinas que se arrugaran.

No ano 2000, o volume que contén o Evanxeo segundo Marcos foi enviado a Canberra, Australia, para unha exposición adicada aos manuscritos iluminados. Foi a cuarta vez que o Libro de Kells viaxou ao estranxeiro coa fin de ser exposto. Infelizmente, durante a viaxe, o volume sufriu danos menores na súa pigmentación. Suponse que as vibración producidas polos motores do avión poden ter sido a causa.

Reproducións miniatura|249px|O folio 183 do facsímile de 1990 : Erat autem hora tercia (era a hora terceira).

En 1951, unha editora suíza, a Urs Graf-Verlag Bern, produciu un facsímile do Libro de Kells. A maioría das páxinas foi reproducida en fotografías en branco e negro. Había, porén, corenta e oito páxinas reproducidas en cor, incluíndo todas aquelas con decoracións a toda páxina.

En 1974, Thames e Hudson, con autorización do Consello do Trinity College Dublin, produciron unha edicións facsímile de todas as páxinas totalmente ilustradas do manuscrito e unha sección representativa da ornamentación das páxinas de texto. Foron tamén incluídos detalles ampliados das ilustracións. Todas impresas en cor. As fotografías foran feitas por John Kennedy, Green Studio, Dublín.

En 1979, as Éditions Facsimilé Lucerne, outra editora suíza, solicitaron autorización para producir un facsímile totalmente en cores. A autorización inicialmente foi negada polos responsábeis do Trinity College, que temían que o manuscrito sufrise danos durante a operación. En 1986, despois de desenvolver un proceso dun coidadoso dispositivo de aspiración que permitía situar e fotografar as páxinas sen ter que tocalas, o editor obtivo finalmente o permiso para producir a edición. Despois de fotografar cada páxina, facíase unha copia para comparar atentamente as cores coas do orixinal e facer os axustes que fosen necesarios. En 1990 publicouse o facsímile en dous volumes: o facsímile propiamente dito e un volume de comentarios feitos por especialistas. A igrexa de Kells (da Igrexa da Irlanda), no local do antigo mosteiro, dispón dun exemplar. Está tamén dispoñíbel unha versión en CD-ROM contendo todas as páxinas escaneadas, así como outras informacións.

Descrición