thumb|Escultura de Aditia (Suria), e os navagraha (‘nove astros’); do período Gupta, foi atopada en Garhwa (Allahabad). Fotografía dos anos 1870. Suria ou Surya en sánscrito सूर्य (sūrya) é o Deus do Sol, adorado nos Vedas, as Escrituras Sagradas da India.

Fillo de Aditi (Espazo), a Nai de todos os deuses.

Esposo de Sañjñā (Conciencia Espiritual).

Os seus seguidores eran coñecidos como Sūryabhaktas.

Habitaba a esfera solar (Sūryaloka) e o seu Reino estendíase ata Sūryamaṇḍala, a extensión do espazo ata onde chegan os raios do Sol.

Segundo a lenda Suria báñase todas as postas de sol nos sagrados ríos Ganxes e Iamuna.

Epítetos

Dina-kara (Criador do Día); Arha-pati (Señor do Día); Loka-cakṣus (O Ollo do Mundo); Karma-Sakchî (Testemuña dos actos dos homes); Sahasra-kiraṇa (O Provisto de Mil Raios) e Graha-rājā (Rei das Constelacións)

Véxase tamén

Bibliografía Râma Prasâd Vedas The Teosophical Glossary - 1892 - Ed. G. R. S. Mead (Glosario Teosófico) - Helena Petrovna Blavatsky

Categoría:Deuses do hinduísmo Categoría:Deuses solares