A sinigrina é un glicosinolato que pertence á familia dos glicósidos que se encontra nalgunhas plantas da familia das brasicáceas como as coles de Bruxelas, brócoli, e en sementes de mostaza negra (Brassica nigra) entre outras moitas. Cando os tecidos da planta que conteñen sinigrina son esmagados, relados ou danados, o encima da planta mirosinase degrada a sinigrina orixinando aceite de mostaza (alil isotiocianato), que é responsable do sabor picante da mostaza e do ravo picante (Armoracia rusticana). As sementes da mostaza branca, Sinapis alba, orixinan unha mostaza moito menos picante porque esta especie contén un glicosinato diferente chamado sinalbina.

O nome químico da sinigrina é alilglicosinolato ou 2-propenilglicosinolato.

A sinigrina é tamén alelopática (os seus produtos químicos inflúen no crecemento doutros organismos).Lankau R. 2008. A chemical trait creates a genetic trade-off between intra- and interspecific competitive ability. Eco. 89(5): 1181-1187..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alil isotiocianato Glicósido

Ligazóns externas

Norwich Research Park website

Categoría:Glicósidos Categoría:Compostos químicos