A Roda é unha parroquia do occidente asturiano, pertencente ao concello de Tapia de Casarego. A poboación desta parroquia é de aproximadamente 200 persoas.

A parroquia é de carácter rural, con terreo frondoso e pradaría adicada á gandaría e agricultura. Conta con dous establecementos hostaleiros, Casa Camilo e El Zapateiro.

Movemento asociativo O grupo de teatro Pico de Faro foi creado en 1983 na Roda, e recibiu o nome pouco despois en recordo da ermida onde estivera a imaxe da Virxe das Neves. Tras varias actuacións polo occidente de Asturias, constituíuse en asociación co nome doutra xa desaparecida, que formaba parte tan só das lembranzas dos máis maiores: Centro de Instrucción y Recreo, constituíndo a mesma os compoñentes do grupo de teatro, e deixándoa aberta a toda a veciñanza. A través dela iníciase á vez a restauración do local chamado El Centro, que queda definido coma a súa sede social. O 18 de novembro de 1994, o grupo de teatro independizouse do Centro de Instrucción y Recreo, constituíndose en asociación con autonomía propia, e co nome Pico de Faro, seguindo coa programación de sempre.

A Asociación xuvenil El Columpio foi constituída no ano 1994. O festexo máis importante promovido pola mesma é a réplica da antiga feira da Roda, realizada xunto ó grupo Pico de Faro, e que ten lugar tódolos anos no mes de agosto. Este evento é, dende o seu comezo e xunto coa Festa dos mártires, a actividade máis relevante e significativa que se celebra con periodicidade anual na Roda.

Parroquias de Tapia de Casarego

Notas

Roda