O Reino de Linsdey (Lindisfaran rīce), é un dos reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, aínda que non está incluído entre o sete principais, con todo por tamaño e importancia política está ao mesmo nivel que outros como Essex ou Sussex, si incluídos nela. Tradicionalmente foi territorio en disputa entre os reinos de Northumbria e Mercia, e foi incorporado a este último a finais do século VII.
Denominación do Reino de Lindsey O nome de Lindsey provén da súa capital, a actual Lincoln, fundada polos romanos como Colonia Domitiana Lindensium (Lindum Colonia ou simplemente Lindum). Ao longo do tempo tal denominación vai derivando aos distintos idiomas presentes na illa, así en britónico tardío a cidade pasa a coñecerse como Lindon e a rexión ao redor dela como Lindēs, e os habitantes de tal territorio como Lindenses, a forma habitual latina de referirse aos pobos.
A Historia Brittonum do 829/30, escrita en cambro-latín (latín mesturado con idioma galés) en Gales do Norte faise referencia ao territorio de Lindsey do ano 500, denominándoo in regione Linnuis, é probábel que do britónico tome a denominación referida á rexión de Lindes e, coas transformacións habituais, nd- > -nn e -ē- ditonguizando en -ui-, o que dá como resultado o sufixo habitual galés para referirse a “nomes de tribo ou pobo” en -wys [Lindēs (britónico) > *Linnēs (galés arcaico) > Linnuis/Linnwys (galés antigo)].
Nas fontes anglosaxoas temos dúas formas de referirse ao reino de Lindsey que reflicten dous sufixos diferentes do inglés antigo (Ænglisc): Lindissi (tamén Lindesse, en Beda e os primeiros manuscritos de Anglo-Saxon Chronicle) e Lindesig (atopado na Life of King Alfred de Asser do século IX e manuscritos máis tardíos das ASC, que é a raíz do actual Lindsey). Do mesmo xeito o nome tribal dos anglos do reino que atopamos no Tribal Hidage, en anglo-latín Lindisfari, en inglés antigo Lindisfaran ou Lindisware, coa raíz britónica máis os sufixos anglosaxóns –faran ('os que veñen de'), e –ware ('a xente de'), que terían o mesmo significado referido a Lincoln.
A presenza de tales nomes en britónico e galés antigo, é un argumento lingüístico para presupor, que antes da chegada dos anglos ao territorio preexistía unha estrutura social-administrativa ou tribal centrada en Lincoln, da cal tomou o nome, a diferenza do resto dos reinos anglosaxóns do sur de Inglaterra (exceptuando Kent) que se coñeceron polos seus propios nomes de procedencia anglosaxoa. E non só se restrinxe a Lincoln, xa que a frase completa in regione Linnuis, fai referencia a todo o territorio que tomará importancia por ser un dos principais escenarios dos primeiros enfrontamentos entre britanos e anglosaxóns, cara ao ano 500.
Formación do reino anglosaxón de Lindsey dereita|miniatura|300px|Mapa do Reino de Lindesey. Séculos V-VII A situación de Lindsey ao leste de Gran Bretaña e ao sur do estuario do Humber permite afirmar que foi un dos primeiros territorios aos que chegaron os anglos na súa gran migración do século VI. Así como o val do Támese foi a vía principal de entrada dos saxóns ao Inglaterra, o val do Humber-Trent-Ouse foi a homóloga dos anglos. Ao norte do esteiro atopábanse os anglos laeti de Dewyr (posteriormente Deira) que darían lugar a un dos núcleos do Reino de Northumbria, entre o Trent e o Ouse; os Iclingas serían o embrión do Reino de Mercia e ao sur do esteiro formaríase o Reino de Lindsey.
A Historia Brittonum afirma que, nalgún momento ao redor de 500, Artur librou catro batallas contra os anglos en Linnuis regio nun río chamado Dubglas, "(auga) negro-azul" (non identificábeis, pero talvez un nome alternativo para o Witham), en si mesmo, non é inverosímil, sabemos pola arqueoloxía da rexión que Lincolnshire viu unha importante inmigración anglosaxoa neste período. O problema clave é que, aínda que non hai razón ningunha para dubidar da autenticidade da Linnuis regio como nome e por tanto, as implicacións que leva para a existencia dun territorio británico de Lindes, hai razóns para dubidar da historicidade da narracióncomo Dumville e outros fixeron notar, a Historia Brittonum é unha historia pseudo-sintética escrita con obxectivos específicos, en lugar dun 'feixe' de fontes anteriores non elaboradas como se cría.Só hai unha batalla das doce atribuídas a Arturo na Historia que poida ser respaldada de forma independente, a de Badon Hill, da cal fala Xildas no seu De excidio Britanniae, aínda que o líder dos britanos foi Aurelio Ambrosio, o que pode significar que a historización de Artur foi baseada nun marco de feitos tomados da verdadeira historia. Na Historia Brittonum algunhas das batallas non teñen lugar obvio no mundo real e parecen ser inventadas, outras pertencen á tradición mítica artúrica e por último outras parecen ser conflitos reais que se libraron por outros líderes e que puideron ser libremente utilizadas e reatribuídas a Artur. As batallas desenvolvidas en Lindsey poden ser colocadas dentro da última categoría, que á súa vez suxire que se basean no vago recordo de batallas reais en Linnuis Regione cuxos vencedores orixinais e probabelmente tamén os detalles estaban escurecidos ou se perderon xa no século IX. Aínda que non hai ningunha constatación histórica, non hai ningunha razón para crer que as batallas en Linnuis foron invencións espontáneas, nin para considerar que se prestaron da mitoloxía artúrica á historia
En Lincolnshire, hai evidencias arqueolóxicas sobre o asentamento dun número significativo de inmigrantes anglosaxóns desde a segunda metade do século V en diante e concéntrase inicialmente nunha serie de grandes necrópoles, como a de Cleatham que contén 1528 incineraciónsEstes cemiterios masivos moi separados entre sí suxire que funcionasen como un cemiterio central dun territorio e que parecen terse convertido máis tarde en unidades políticas e administrativas Así, por exemplo, o cemiterio Cleatham situado no límite da parroquia de Kirton en Lindsey foi o centro administrativo anglosaxón do West Riding de Lindsey.. Con todo, estas necrópoles de incineración non se atopan en Lincoln mesmo e de feito forman un “anel” que encerra un vasto territorio ao redor da cidade, coa necrópole máis próxima en Loveden Hill a dezasete millas ao sur e a de Cleatham a dezanove millas ao norteEsta ausencia de enterramentos en torno á suposta capital é máis infrecuente cando se compara coa situación que se atopa noutras cidades romanas da rexión - como York, Caistor de Norwich, Leicester, Ancaster e Caistor - todas as cales teñen necrópoles de incineración próximas. Como Leahy argumentou a única hipótese plausible é que tal situación reflicte a existencia dunha autoridade britana de Lincoln, que seguiu controlando a cidade e unha importante superficie ao redor do longo de todo o século V e na de principios do século VI, e que foi ademais capaz de controlar o asentamento de inmigrantes xermanos nos bordos deste territorio. Por outra banda, se temos en conta a distribución dos cemiterios de inhumación parecen apoiar a idea de que o equilibrio de poder no Lindes britano cambiou a mans xermanas durante o curso do século VI. Non hai tales indicacións de evasión deliberada na zona de Lincoln dos cemiterios con inhumacións que posteriormente substitúen a estas necrópoles de incineración. Isto certamente podería ser tomado como indicativo de que o control do país se desprazou, aínda que hai que lembrar que estes cemiterios de inhumación son a miúdo moi pequenos e as probas dunha presenza anglosaxoa dentro da propia cidade ou na súa zona de influencia inmediata segue sendo moi escasas ao longo de todo o período pagán.
Por tanto tras a retirada dos romanos da Flavia Caesarensis, unha das catro provincias de Britania da cal Lindum era a capital, o país foi gobernado por líderes britanos locais, e parece ser especialmente próspera a finais do século IV. Nalgún momento a mediados ou final do século V as partes periféricas do país foron colonizadas por inmigrantes anglosaxóns, moi posibelmente como parte dunha estratexia deliberada de defensa. Calquera que sexa o caso, parece verosímil que os dirixentes británicos con base no Lincoln neste período foron quen de exercer un certo grao de control político non só na proximidade inmediata de Lincoln, senón tamén nas rexións periféricas onde se estableceron estes anglosaxóns. O poder e a influencia dos britanos parece haberse deteriorado a partir do século VI, de feito, o achado de xacementos con penannular brooches de tipo anglosaxón indica que nalgún momento no século VI estas elites britanas poderían adoptar a cultura dos inmigrantes ou que o poder en Lindsey pasara a mans dos anglos. Beda na súa Historia Eclesiástica indica que houbo un anglosaxón (Blæcca) no control de Lincoln a principios do século VII.
Varios nomes das xenealoxías reais teñen orixe britónica, o que suxire matrimonios mixtos entre os británicos e anglosaxóns mesmo nas clases gobernantes, estes matrimonios poden indicar que o acceso ao poder dos anglos foi relativamente pacífico, ou polo menos non totalmente violentoCuelgils, Cædbæd, Bubba…. Esta interpretación vese corroborada polo propio nome do reino Lindissi / Lindesig, continuación da denominación britónica anterior. Tamén é moi posíbel que o cristianismo celta fose tolerado polos novos gobernantes. Por outra banda, as elites locais británicas na periferia ben podería terse aculturado e "convertido en" anglosaxóns co fin de protexer a súa propia situaciónPor exemplo o nome de Washingborough, próxima a Lincoln, derívase do inglés antigo Wassingaburh, “o lugar fortificado dos Wassingas, a familia de Wassa”..
Xeografía e Poboación Aínda que os límites do antigo reino non se coñecen con exactitude, polo menos controlaba os actuais cinco distritos do norte de Lincolnshire: Lincoln, East e West Lindsey, North e North East Lincolnshire, e probabelmente se estendese ao de Boston e a North Kesteven. Dos antigas parts do condado (Lindsey, Kesteven e Holland), o reino legou o nome a unha delas, a máis setentrional.
O sufixo -ey provén do anglosaxón "illa", Lindsey tería o significado de "a illa de Lindum", porque o territorio estaba rodeado completamente por auga. A fachada oeste daba directamente ao Mar do Norte (Mare Germanicum), mentres o norte chegaba até o estuario do Humber e o sur ao Wash (Metaris Æstuarium). A fronteira leste que miraba cara a Inglaterra, estaba separada dela polo río Witham que nace nos outeiros ao sur de Lincoln preto de Grantham e desemboca no Wash, desde Lincoln a Torksey (na ribeira do Trent) os romanos construíron a canle do Foss Dyke de 18 km a principios do século II, que ao unir o Witham co Trent pechaba o anel na confluencia deste último co río Ouse para formar o Humber. Ademais destes ríos, as marismas que os rodeaban (actualmente na súa maior parte drenadas) facían de barreira natural co que illaban e defendían o reino, así ao norte entre o Trent e o Ouse e os seus afluentes o Idle e o Don atopábanse a marisma da Illa de Axholme e a de Hartfield Level. Ao sur en torno ao río Witham estendíanse toda unha serie de marismas que chegaban até o Wash: Wildmore Fen, East Fen, West Fen, Holland Fen, Wyberton Fen, etc. e máis ao sur uníndose a The Fens de Anglia Oriental, estaban o Lindsey Level e o Deeping LevelSouth Lincolnshire Fenlands. Este conxunto de zonas húmidas e terras baldías son os que deron o seu carácter illado ao reino e seguramente o que permitiu que Lindsey gozase por máis tempo da súa independencia fronte aos seus veciños máis potentes como Mercia e Northumbria.