Xosé Manuel Buxán Bran, nado en Éibar (Guipúscoa) en 1964, é un artista, crítico de arte, activista LGBTEntrevista publicada no Faro de Vigo o 10 de xullo de 2010. e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, dependente da Universidade de Vigo.

Traxectoria Naceu no País Vasco, no seo dunha familia de emigrantes galegos. Estudou Belas Artes en Bilbao, na Universidade do País Vasco, e doutorouse coa tese Homoerotismo en la iconografía de San Sebastián Mártir: Una visión desde el presente, dirixida por Kosme de Barañano y Letamendía.

Trasladouse a Vigo en 1993 e é profesor universitario no campus da UVigo en Pontevedra dende ese ano, se ben foi en 1998 cando obtivo a titularidadeFicha do docente na Universidade de Vigo..

Foi comisario en exposicións como Malas Artes’03: Prototipos, Verbalidades, Prêt-à-porter, Maquinacións, Arquitrabes e Bizarr@s (Vigo, 2003), Radicais libres: Experiencias gays e lésbicas na arte peninsular (Santiago de Compostela, 2005) ou tamén para a Sala Alterarte, no Campus de Ourense.

É colaborador habitual na prensa, por exemplo no Faro de Vigo. Até a súa desaparición escribía para A Nosa Terra.

En 2017 expuso a súa colección particular de fotografía atopada no CGACBAÑISTAS. FOTOGRAFÍAS ATOPADAS, 1880-1963 , na páxina web do CGAC..

Obra escrita miniatura|dereita|380px|Algunhas imaxes da exposición intitulada "Bañistas. Fotografías atopadas 1880-1963", amosada no CGAC de Compostela en 2017. Ten multitude de publicacións relacionadas co mundo da arte contemporánea, especialmente no ámbito da creación plástica. Entre elas destacan algúns capítulos ou volumes:

(Con)ciencia de un singular deseo: Estudios Lesbianos y Gays en el estado español. Barcelona: Laertes, 1997. Identidades feridas: da arte na doenza. Vigo: Fundación Laxeiro, 2001. (Catálogo) Homo, tod@ la historia, Salvat, 2000. (conxuntamente con Juan Vicente Aliaga) “Algunos términos para un abecedario homoerótico de la iconografía contemporánea de san Sebastián Mártir” (capítulo). En ALIAGA, J.V., HADERBACHE, A., MONLEÓN, Ana (2001) Miradas sobre la sexualidad en el arte y la literatura del siglo XX en Francia y España. Servei de Publicacións de la Universitat de Valencia. “Lo que los ojos ven que no lo verbalicen las palabras: La homosexualidad y la crítica artística en los dibujos y pinturas de Roberto González Fernández” (capítulo). En BENGOECHEA, Mercedes e MORALES, Marisol (Editoras) (2001) Transformaciones de las sexualidades y el género. Servizo de Publicacións da Universidade de Alcalá de Henares. “Órbitas impropias” (capítulo). En Dolores Gálvez (2001). Catálogo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. “Noves aportacions al corpus artístic contemporani. Les imatges de l’assagística lèsbica i gai” (capítulo). En GUASCH ANDREU, Oscar (coord.) (2002) Sociología de la sexualitat. Una aproximació a la diversitat sexual. Barcelona: Pòrtic. “Páxinas para un proxecto de diccionario de cultura galega gai” (capítulo). En AA.VV. (2002) A homosexualidade a debate. Vigo: Xerais. “De arquitecturas e praceres surreais” (capítulo). En Mª Xosé Ares (2002): Deshabitando. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. “Carne oscura de nardo marchito: las mujeres del Lorca pintor” (capítulo). En GUASCH, Òscar e VIÑUALES, Olga (eds.) (2003) Sexualidades: Diversidad y control social. Barcelona: Edicions Bellaterra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do persoeiro na páxina web da Universidade de Vigo. Entrevista a cargo da xornalista Fátima Otero para Espacio de Arte de Correo Televisión. Emitida o 12 de decembro de 2013.

Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Nados en Éibar Categoría:Nados en 1964 Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco