San Xoán de Tirán é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE, en 2022 tiña 4 466 habitantes (2 149 homes e 2 317 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación.
Xeografía Ten varios quilómetros de praias, que bañan as súas areas na ría de Vigo, destacando O Con (bandeira azul), Niño do Corvo e O Canabal.
Historia Os primeiros intentos en Galicia do cultivo de mexillón en bateas fixéronse nesta parroquia en 1932,"Cataluña inspiró a los pioneros del cultivo del mejillón en 1932", en La Voz de Galicia, 29 de setembro de 1996 . ó instalar Manuel Otero Moratinos un caixón de madeira seguindo o modelo que vira nunha viaxe a Cataluña. A experiencia durou só uns meses e foi un fracaso. Houbo que esperar ata 1946 para que se desenvolvese, xa con éxito, un novo proxecto neste mesmo sentido, no porto de Vilagarcía de Arousa.
Demografía
Deporte O club de remo de Tirán acadou en varias ocasións o campionato de España de traíñas.
Lugares e parroquias Lugares de Tirán
Parroquias de Moaña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Moaña
Categoría:Parroquias de Moaña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán