A Universidade Antonio de Nebrija é unha universidade privada española, con sede na cidade de Madrid. O seu nome rende homenaxe a Antonio de Nebrija.
Historia Obtivo o seu pleno recoñecemento oficial pola aprobación da Lei 23/95 de 17 de xullo (BOE de 18 de xullo de 1995).
Escolas e facultades Escola Politécnica Superior e Escola de Arquitectura Facultade de Ciencias da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais Facultade das Artes e as Letras Ciencias da Saúde Nebrija Business School
Campus miniatura|Campus da Berzosa, en Hoyo de Manzanares. A Universidade Antonio de Nebrija conta con dous campus. O da Dehesa de la Villa alberga o Centro de Estudos Hispánicos, a Nebrija Business School, a Escola Politécnica Superior Arquitectura, e varios programas da Escola de Posgrao. Atópase na cidade de Madrid.
No campus da Berzosa están situadas as facultades de Ciencias Sociais, de Ciencias da Comunicación e das Artes e as Letras. Sitúase en Hoyo de Manzanares, xunto a Torrelodones, lindando coa vía de servizo da estrada da Coruña (A-6). Este campus conta coa súa recreación virtual en 3D dentro da plataforma Google Earth.
No Centro Universitario San Rafael-Nebrija, situado no centro de Madrid na rúa Serrano, impártense as titulacións de Ciencias da Saúde.
Programas de intercambio de estudantes Conta con programas internacionais, uns con dobre titulación e outros que facilitan aos estudantes españois a posibilidade de realizar cursos en universidades de Europa, Estados Unidos ou Canadá, así como a asistencia de alumnos estranxeiros recibidos nos seus campus.
Fundación Antonio de Nebrija A Fundación Antonio de Nebrija, unha fundación privada de carácter cultural e docente promove a concesión de bolsas e premios de investigación, a convocatoria de foros, actos académicos, conferencias e congresos, así como ao desenvolvemento de actividades universitarias, culturais e sociais. A súa sede atópase na rúa Cea Bermúdez nº 59 de Madrid.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Antonio de Nebrija Ligazóns externas Sitio web da Universidad Nebrija
Categoría:Universidades da Comunidade de Madrid Categoría:Universidades privadas de España