O Montreal Impact (Impact de Montréal en francés) é un equipo de fútbol profesional de Canadá e xoga na Major League Soccer. O equipo exerce localía na cidade de Montreal, na provincia de Quebec. O equipo foi fundado no ano 1992 e xogou na North American Soccer League, a segunda división do fútbol profesional norteamericano, ata o ano 2011. No ano 2012 comezou a súa andadura na MLS.
O Impact foi o primeiro equipo canadense en xogar unha final da Liga de Campións da CONCACAF e o segundo da MLS. O estadio do Montreal Impact é o Stade Saputo.
Historia NASL O primeiro ano na NASL non foi demasido bo xa que acabaron a tempada na última posición. Sorprendentemente ao ano seguinte chegaron á final dos playoffs e venceron ós Colorado Foxes alzando o seu primeiro título. No ano 1995, seguiron os bos resultados o equipo gañou a tempada regular pero foi eliminado na primeira ronda dos playoff. Nos anos posteriores o equipo consolidouse como o mellor equipo canadense, e tamén atraendo a moitos dos mellores xogadores da época. No ano 1999 co cambio de propietario decidiuse no participar nesa tempada para preparar a seguinte.
Tras ese parón na seguinte tempada o equipo quedou fora dos playoffs por primeira vez dende o ano 1993. No ano 2002 o Impact volveu a clasificarse para os playoffs, pero cae en segunda ronda contra o Rochester Raging Rhinos por terceira vez na súa historia. Ao ano seguinte repetiuse a historia fronte ó Rochester Raging Rhinos pero esta vez en primeira ronda. No 2004 o equipo tivo que volver a enfrontarse ó Rochester Raging Rhinos na primeira ronda pero conseguiu eliminalo esta vez, os canadenses seguiron avanzando ata a final fronte ó Seattle Sounders que gañaron por dous goles a cero conseguindo o seu segundo trofeo da NASL. No ano 2008 inaugarábase o novo estadio , Stade Saputo, e o equipo avanzou ata as semifinais, pero foi eliminado contra o que sería o campión, o Vancouver Whitecaps. Ó ano seguinte invertíronse os papeis, e o equipo de Montreal apeou na final ós Vancouver Whitecaps. No ano 2010 anounciouse que o Montreal Impact xogaría na Major League Soccer a partir do ano 2012 http://www.mlssoccer.com/post/2010/05/07/passionate-montreal-named-19th-mls-city. Na súa última tempada na NASL o equipo quedouse a un punto dos playoffs. O Impact concluiu a súa historia na NASL con 265 vitorias, 155 derrotas e 71 empates, en 491 partidos de tempada regular, tres trofeos de liga e sete Canadian championship. MLS O primeiro partido do Montreal Impact na Major League Soccer foi un derbi canadense contra o Vancouver Whitecaps e terminou con derrota por dous goles a cero para o equipo de Quebec http://es.soccerway.com/matches/2012/03/11/united-states/mls/vancouver-whitecaps-fc/montreal-impacts/1244840/. O primeiro partido na casa acabou co primeiro punto na historia do Impact na MLS http://es.soccerway.com/matches/2012/03/17/united-states/mls/montreal-impacts/chicago-fire/1244847/. Na súa primeira tempada na máxima competición do fútbol en norteamérica o equipo finalizou na sétima posición . No ano 2013 o equipo conseguiu a súa primeira clasificación para os playoffs, aínda que foi eliminado na primeira ronda.
O 27 de xullo de 2015 anunciábase a fichaxe do costamarfileño Didier Drogba http://www.efe.com/efe/usa/destacada/drogba-ficha-por-el-montreal-impact-de-la-mls/50000097-2674979. A nova súper-estrela do equipo de Montreal debutou no Stade Saputo fronte o Chicago Fire, un partido loco que finalizou cun 4-3 onde o dianteiro de Costa do Marfil marcou tres goles cunha increíbel estrea http://es.soccerway.com/matches/2015/09/06/united-states/mls/montreal-impacts/chicago-fire/1990200/. Por segunda tempada na súa historia conseguiron clasificarse para os playoffs, avanzaron ata as semifinais de conferencia por primeira vez http://es.soccerway.com/national/united-states/mls/2015/s11184/final-stages/. Enfrontábanse ó Columbus Crew e venceron no partido de ida, pero no partido de volta os Black & Gold conseguiron empatar a eliminatoria polo que tivo que xogarse unha fatídica prórroga na que no minuto 111 Kei Kamara marcou o gol que deu o pase para os de Columbus.
Xogadoreshttp://www.impactmontreal.com/en/players
Titulos North American Soccer League (3): 1994, 2004 e 2009. Canadian Championship (9): 2002,2003,2004,2005,2006,2007,2008,2013 e 2014.
Notas
Categoría:Fútbol no Canadá Categoría:Equipos da Major League Soccer