Lorenzo Piretto, nado en Mazzè (provincia de Turín, Italia) o 15 de decembro de 1942, é un arcebispo católico italiano e relixioso dominicano.

Traxectoria Entrou moi novo na Orde dos Predicadores, e foi ordenado sacerdote desta orde o 4 de agosto de 1966.

Obtivo a licenza en teoloxía na Universidade de Boloña en 1967 e o doutoramento en teoloxía na Universidade de Turín en 1972. Dende 1967 ata 1974 foi profesor de filosofía no seminario dominicano de Chieri e dende 1983 ata 2005 foi profesor de lingua italiana na Universidade de Marmara preto de Istanbul.

É xornalista na revista Présence, e dende 2014, párroco na igrexa dos santos Pedro e Paulo en Istanbul.

O 7 de novembro de 2015 Rinuncia dell'Arcivescovo di Izmir (Turchia) e nomina del successore foi nomeado arcebispo de Esmirna, e consagrado o 20 de decembro polo arquieparca católico armenio de Istanbul Boghos Lévon Zékiyan.

Notas

Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Nados na provincia de Turín Categoría:Nados en 1942 Categoría:Dominicanos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Alumnos da Universidade de Turín Categoría:Bispos da Igrexa católica latina